Acceso Aberto

Acceso aberto, puntos sen retorno ou o vaso medio cheo

Fotografía de *lau* con licenza cc-by en http://www.arteyfotografia.com.ar/16521/fotos/346272/

Fotografía de *lau* con licenza cc-by en http://www.arteyfotografia.com.ar/16521/fotos/346272/

Dende o blog de Gredos, chegamos ao estudo da Comisión Europea sobre a visibilidade da produción científica e Open Access.  Neste estudo afírmase, de xeito taxativo, que a produción científica en OA chega nestes intres a un momento de máxima difusión e visibilidade, sendo no ano 2011 arredor do 50% de artigos científicos dispoñibles de xeito gratuíto. Este feito failles acuñar o termo de “punto sen retorno”: o OA coma un modo consolidado de publicación e difusión. Saliéntanse como posibles as vías “verde” e “dourada” do OA , subliñando a iniciativa do programa Horizonte 2020, o vindeiro programa de financiamento da investigación e innovación da UE, no que se establece por defecto o acceso aberto a os resultados da investigación financiada con fondos públicos.  Neste programa, a achega a os artigos farase de dous xeitos diferentes:
a) Por unha banda, o editor proporcionará o aceso dende a web da editorial, facéndose cargo a Comisión dos custos de publicación dos artigos

b) Outra posibilidade é  que os investigadores depositen os seus artigos nun repositorio nos seis ou doce meses seguintes á súa publicación. Esta diferencia establécese no primeiro caso, para os resultados que proveñan do campo científico e, na segunda, para os artigos das Humanidades.

O estudo realizouse polo grupo Science Metrix, consultoría adicada á avaliación da investigación e leva por título “Proportion of Open Access Peer-Reviewed Papers at the European and World Levels—2004-2011” .  e ven acompañado de dous máis: un deles adicado as políticas de aceso aberto e, o outro, a apertura de datos. 

Lemos, tamén no blog Francis (th)E mule Science News un artigo titulado ¿Qué significa que el 50% de los artículos científicos esté en acceso abierto? onde, destacando o que supón esta boísima nova, fai unha serie de puntualizacións, moi interesantes ao noso modo de ver, falando de ver o vaso “medio cheo ou medio vacío”. Vexamos:

-O autor sinala que a visibilidade da produción científica recae tanto no feito das políticas concretas de OA coma nun fenómeno  interesante que é a publicación, de forma totalmente individual, dalgúns”preprints” en páxinas persoais de autores  ou grupos de investigación . Se un autor publica nunha revista de gran impacto, a visibilidade do seu traballo non será un problema, o que non sucede con revistas minoritarias ou de menos difusión : velaí o pulo collido a este tipo de difusión.  Certo é que as políticas alentadoras da UE e da Casa Blanca con respecto a difusión da investigación son alentadoras, en calquera caso;  o que diminúe o medo que tiñan nun principio os científicos as represalias editoriais. Resumindo : o importante, sobre todo, é o cambio de hábito dos científicos.

-Cuestiónase tamén a metodoloxía empregada no estudo encargado pola UE: mostra aleatoria de 20000 artigos publicados na base Scopus – que, coma ben nos lembran no artigo, pertencen case todas a editorial Elsevier-utilizando logo un robot de busca de elaboración propia que atoparía eses artigos na web. Segue despois un proceso de comprobación, mediante Google, e de aplicación do software automático de Science Metrix aplicado a :

“320.000 artículos publicados entre 2004 y 2011, encontrando un promedio del 43% de artículos disponibles en la web de forma gratuita (el porcentaje varía según el país y según la materia científica). El famoso 50% proviene de un ajuste estadístico realizado al 43% observado basado en los resultados de la prueba inicial.”

Posiblemente, esa diferenza que vai dun 43 a un 50% non sexa demasiado salientable. Quizais o que sexa máis importante é ese cambio de mentalidade do que falabamos ao principio. Como di o autor do último post sinalado, xa temos unha tendencia cara ao libre acceso á producción científica, facéndose  a pregunta retórica de que sucederá no futuro. Non o sabemos, pero se o avance e tal e como amosan os últimos resultados, podemos ver, en realidade e a pesar de diferentes porcentaxes, o vaso medio cheo no camiño do OA.  Gaña a ciencia, gaña a sociedade.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas