BUSC, Redes sociais, Varios

Web da Biblioteca

Web da BUSC

Hoxe publicouse o novo sitio web da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela. Temos cousas novas como: aplicacións móbiles, novos recursos, unha sección de preguntas frecuentes, 2.0  e, por suposto, todos os contidos actualizados…

A migración non rematou totalmente, estamos estudando a mellor forma de facelo para algunhas aplicacións, pero de cara ao usuario non vai perder funcionalidade e, polo contrario, agardamos que a estrutura e o acceso sexan máis claros para todos.

A maior novidade en canto á web, é que está adaptada ao que agora se chama Web Social ou Web 2.0. Agardamos, polo tanto, os vosos comentarios, suxestións, etc. e imos seguir traballano nesta liña para chegar a máis usuarios cada vez.

Nestes momentos estamos estudando ferramentas 2.0 que permitan a creación de guías temáticas sobre recursos de interese nas diferentes áreas de coñecemento, e isto é o principio. Tamén, algunhas bibliotecas da USC, incluída a Xeral, estamos utilizando hai tempo contas en Facebook, Twitter, Delicious, etc. e pronto utilizaremos outras. Está por ver a onde e a cantos poderemos chegar.

Para coñecer a presenza da BUSC nas redes sociais seguide esta ligazón: http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/douspuntocero/index.html

Seguiremos informándovos.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Web da Biblioteca

  1. Bos días para a creación de guías temáticas hai unha ferramenta de acceso aberto que pode ser do voso interese: SubjectPlus, no seguinte enlace poderedes ver un curso no que se explicou como crear as guías de xeito sinxelo: http://dspace.unav.es/dspace/handle/10171/22500

    Gústame

    Posted by Begoña | 2 Agosto 2012, 12:36
  2. Grazas pola suxestión, miraremos a ferramenta.

    Gústame

    Posted by busc | 2 Agosto 2012, 13:24

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: