Recursos electrónicos

SIR – Servicio de Identidad de RedIRIS

SIR

A Biblioteca Universitaria de Santiago ven de poñer en marcha o acceso aos seus recursos electrónicos a través do SIR (Servicio de Identificación de RedIRIS).

A Federación de Identidade é un método que permite establecer unha comunicación entre a institución á que pertence o usuario e o provedor dun deteminado recurso electrónico sen necesidade de Proxy. Basicamente funciona así:

  • O usuario accede á páxina web dun provedor de recursos na que debe picar nun enlace que adoita a chamarse  “login institucional”, aínda que ás veces aparece baixo outros nomes.
  • A continuación se lle presenta  unha lista de institucións federadas na que debe seleccionar a  que lle corresponde.
  • O navegador o reenvia á páxina da súa institución, no caso da BUSC ao Servizo de identificación centralizado da USC, na que deberá identificarse coas súas claves e contrasinal.

Cada vez máis, as universidades españolas utilizan as técnicas de Federación de Identidade para acceder aos seus recursos, grazas á iniciativa do SIR, que actúa de intermediario entre as institucións e os provedores de información. O SIR  negocia este tipo de acceso, e chega a acordos sobre que datos hai que trasmitir a cada provedor, evitando ás institucións a negociación individual.

Na páxina web da BUSC,  indícanse os provedores de recursos da BUSC que son accesibles para todo os usuarios propios da USC, incluíndo aos estudantes,  dende fóra da Universidade e sen intermediación de Proxy:

Na canle da Biblioteca Universitaria en Youtube existen vídeos de axuda para a identificación a través do SIR en cada unha das plataformas dos provedores.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: