Ferramentas

Mendeley, xestor de referencias bibliográficas

Queremos achegarnos hoxe a Mendeley, un xestor de referencias bibliográficas cunha serie de funcionalidades de carácter social que fan del unha ferramenta cómoda, fiable, e de uso sinxelo e intuitivo, moi a ter en conta polos investigadores.  Con Mendeley podemos tamén compartir e explorar resultas de investigación e, mesmo, facer grupos de traballo na rede ou explorar os existentes.  Pasamos a comentar brevemente algunha das súas características:

a) Teríamos, por unha banda, a aplicación do escritorio (desktop) para traballar en modo “local” e, por outra, a aplicación web. Ambas poden sincronizarse en calquera momento.  Navegando pola web  podemos gardar referencias de medio centenar de fontes bibliográficas coma Medline, Lion, etc. facendo recoñecemento automático dos metadatos e creando a nosa base de datos bibliográfica.  Podemos importar referencias doutros xestores cos que traballásemos previamente (Zotero, Endnote) e tamén, exportar resultados en distintos formatos.  Tamén nos permite traballar con documentos en PDF que xa tivésemos de anteman, incorporándoos á base de datos bibliográfica coas posibilidades de lectura a texto completo, etiquetado, etc.  Outra das plusvalías deste xestor é a comodidade que proporciona á hora de modificar a base de datos creada: podemos suliñar, engadir comentarios, acceder ao documento en texto completo. Para facer máis cómoda a navegación web, existen extensións de navegador para Chrome e Firefox, e tamén versións para web móbil tanto para iPhone como en Android.

b) Unha das funcionalidades que resultan, desde o noso punto de vista máis útil, é os plugins de descarga de Ms Word e de Open Office: isto permite, a partires da nosa biblioteca local de referencias, insertar unha biblografía noutro documento no que esteamos a traballar. Por dicilo doutro modo, facer unha bibliografía a medida con referencias seleccionadas por nós. Estas, ademáis, pódense organizar de diversos xeitos. Asimesmo, permítenos importar e exportar arquivos en distintos formatos bibliográficos, segundo nos conveña para o traballo que teñamos entre máns.

c) Mendeley fomenta certos aspectos da socialización 2.0 que o sitúan como un producto que vai moito máis alá dos xestores clásicos. Entre estas opcións non só están a de compartir a nosa bibliografía, senón mesmo de facela de xeito colaborativo mediante a creación de grupos de traballo. Este grupo de ALFIN é un bó exemplo.

Se queredes comezar a traballar con esta boa ferramenta, podedes descargala de xeito gratuito en Mendeley. Ten uns titoriais moi sinxelos en inglés nesta mesma páxina.  En castelán, temos este bó titorial realizado por Julio Alonso, da Universidade de Salamanca, en Slideshare.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: