Varios

10ª Olimpíada Solidaria de Estudo

Olimpiada Solidaria de Estudo

A videira semana comezará a  X Olimpíada Solidaria de Estudo e dende a Biblioteca da USC queremos animarvos a participar. Como proxecto solidario e de sensibilización social diríxese á comunidade estudantil internacional.

Este ano vaise celebrar entre os días 5 de novembro e 5 de decembro, participando xoves de todo o mundo.

Baixo o lema: Ponte un 10, a Olimpíada Solidaria de Estudo é un instrumento moi valioso e único, xa que os estudantes poden colaborar nun proxecto de cooperación internacional cos seus esforzos, anque non teñan cartos. Así, demóstrase que se pode contribuír a crear un mundo máis xusto e solidario a partires do estudo e do esforzo solidario.

A maneira de participar é moi sinxela. Trátase de vir á Biblioteca, inxerir a túa TUI no ordenador do proxecto, que estará situado á entrada cunha mesa habilitada coa imaxe da campaña, e comprometerte, coma mínimo, a estudar unha hora (máximo de catro horas seguidas).

Para cada hora ininterrompida que destines a estudar, os patrocinadores oficiais transformarán en cartos reais que se destinarán a reconstruír 14 escolas de Kivu Sur, na República Democrática do Congo.

Non o dubides este ano: POÑÉDEVOS TODAS E TODOS UN 10!

Bibliotecas nas que podes participar:

  • Biblioteca Concepción Arenal
  • Biblioteca Xeral
  • Escola Técnica Superior
  • Facultade de Bioloxía
  • Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Facultade de Económicas e Empresariais
  • Facultade de Farmacia
  • Facultade de Filoloxía
  • Facultade de Filosofía
  • Facultade de Física
  • Facultade de Matemáticas
  • Facultade de Medicina
  • Facultade de Psicoloxía
  • Facultade de Química
  • Facultade de Xeografía e Historia
  • Biblioteca Intercentros [Lugo]
  • Facultade de Formación do Profesorado [Lugo]
  • Facultade de Veterinaria [Lugo]

Se queres máis información sobre a campaña, diríxete a:

• Olimpíada solidaria de estudo

• Asociación para as Nacións Unidas en España

• Facebook da Olimpíada

• Vídeo promocional da X Olimpíada solidaria de estudo

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: