Ferramentas

Evernote, o post-it virtual

Ten unha icona cun elefantiño verde que chama moito a atención. Qué é e qué permite facer esa ferramenta que non ofrezan outras similares? Se tiveramos que definir que é exactamente Evernote poderíamos decir que unha especie de caderno dixital.  Entón, para qué usalo tendo xa cousas similares? É un caderno pero o certo é que é algo máis.  Indo un pouco máis lonxe, poderíamos afirmar que Evernote é unha mistura entre os “favoritos” que gardábamos no navegador, un post-it dixital e un caixón de sastre onde almacenar, convintemente etiquetado, o que atopamos pola rede e que queremos conservar, para agora ou para máis adiante. Accesible en todo momento. É gratuíto e ten opcións para Android e Iphone.

Unha vez que nos rexistramos e accedemos notaremos que poderemos facer , básicamente, o seguinte:

a) Crear eses post-it dos que falabamos no principios. Pódese dar o caso de estar traballando ou navegando pola rede e queremos “apuntar” dixitalmente algo que se nos ocorre relacionado coa páxina que estamos vendo. Podemos facer unha captura desa pantalla, facer  anotacións á marxe  e gardar esa idea abrindo un documento de Evernote.  Podemos tamén, por comodidade,  instalar unha extensión no navegador.

b) Permite crear “libretas” onde engadir esas anotacións.  Conformaremos así unha biblioteca persoal desas notas ás que acceder en calquera momento.

c) É  unha útil ferramenta de traballo en equipo, xestión de documentos persoais (dende facturas ata imaxes, audio e video), capturas de pantalla, é un eficaz complemento de Delicious ou calquera outro marcador social.

d) Ten un sistema de recoñecemento de lectura que fai buscas nos PDF, pódense conectar notas entre si, dentro e fóra de Evernote.

É difícil resumir dende aquí tódalas posibilidades dunha ferramenta de uso sinxelo pero potente, que ven mellorando en cada nova actualización. Parécennos moi interesantes estes dous posts:

11 usos de Evernote para el mundo académico  Recopilación feita a partir dun webinar impartido por Evernote onde se fala, por exemplo, da posibilidade de planificar clases, o seu uso coma unha especie de pizarra dixital, compartir recursos, etc.

E, especialmente, mencionamos esta serie de 101 usos de Evernote realizada polo blog ThinkWasabi, dende onde nos recomendan o uso da aplicación para cousas tan cotiás e variadas coma xestión de facturas, almacenar a configuración do noso ordenador e as aplicacións que utilizamos en caso de mudalo, feramenta de apoio para o teu blog ou planificación de viaxes.

Podedes probala e descargala aquí

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: