Redes sociais

En cento corenta caracteres

Logotipo de Twitter tomado da web da marca https://twitter.com/logo

Moitas veces, cando facemos uso dalgunha rede social ou comezamos a utilizar unha nova ferramenta, podemos sentir, coma usuarios, unha certa “ansiedade” ou incluso desidia ante a rapidez con que algunhas substituén a outras. Inmersos nesa especie de voráxine da novidade, esquecemos que a finalidade das ferramentas ten que ser facermonos a vida máis sinxela; non deixar a curiosidade pero, tampouco, caer  nunha permanente euforia polo novo.  É comprensible, polo tanto, algunha reticencia á probar ou ter conta nalgunha rede de, por exemplo, microblogging. A pesares disto,  pretendemos neste blog achegar dun xeito moi básico e sinxelo algunha das características da “conversa constante” que se produce na rede en torno ás chamadas redes sociais.  Producto do efémero, das actualizacións constantes, son unha moi boa fonte do que está a acontecer e unha demostración do bó uso que pode ter a intelixencia colectiva. Seguir acontecementos en tempo real, a axuda en catástrofes e, tamén, o seu perfil reivindicativo, publicitario, irónico e divertido : un escaparate ao que paga a pena asomarse, alomenos,  de cando en vez.

Estes días pasados, vimos de ler algunhas novas sobre Twitter, a rede (ou non) de microblogging e gostaríanos  compartir con vos algunhas delas.

a) Se non sodes usuarios de Twitter pero queredes coñecer algo da ferramenta,  recomendamos este post de José Luis Orihuela (@jlori), unha das personas que máis sabe sobre esta rede,  que nos explica brevemente para que e para que non serve Twitter. Podedes seguer tamén as listas que fai de tuits inxeniosos, tuiteiros interesantes e cousas que lle chaman a atención e suceden alí. E tamén, esta entrevista onde fai unha clasificación de tuiteiros  : enlazadores, conversadores, retuiteadores, autobiográficos e opinadores.

Tamén se non sodes usuarios pero queredes saber algo máis, existen algúns ebooks gratuítos.  Consideramos especialmente interesante este post de Geek’s room 5 de los mejores ebooks gratis en español sobre Twitter, en especial o de Juan Diego Polo, ó que podedes acceder en pdf e de xeito, insistimos, legal e gratuíto dende a páxina de Bubok:  Twitter para quien no usa Twitter.

b) Se sodes usuarios pero pensades que o tedes infrautilizado ou non acabades de collerlle a utilidade á ferramenta, tamén Juan Diego Polo  na súa imprescindible web wwwhatsnew, permítenos coñecer novidades relativas ó microblogging dende una lista aquí .

c) E xa, por último, se sodes tuiteiros convencidos e convincentes, podedes incluiso deixar a vosa pegada nun novo proxecto. A iniciativa #Twitterengalego, conseguiu, con este hashtag, reivindicar e destacar a presencia da lingua nas redes sociais. Comenzando de xeito individual, cristalizou o pasado día 18 de setembro no comunicado da compañía afirmando que habería versión na nosa língua.  Os usuarios terán que elaborar un glosario de términos en galego, para que a compañía comece a traballar con eles. Se algún está interesado, podedes seguir aquí.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: