Redes sociais

Viralidade, verosimilitude e redes sociais

Fotografía “Rumors” con licencia cc no Flickr de Methodshop.com

Lemos un artigo moi interesante e divertido no blogue Mis apis por tus cookies  no que se fala dos “hoax” : eses bulos incertos que se espallan pola rede coa facilidade coa que caen as fichas de dominó.  Isto fainos reflexionar un pouco sobre o concepto de viralidade e tamén na  falta de criterio coa que damos por certo calquer  correo que nos envíen, calquera “apocalíptica” advertencia sobre a bondade ou maldade dalgúns productos, e,  tamén,  cando nos ofertan posibles receitas contra a falta de privacidade dalgún xigante tecnolóxico ou mesmo, e paradoxalmente, da mesma rede social na que lemos o aviso.

Sabemos todos que a rumoroloxía non é producto da proliferación de redes sociais nin do acceso masivo a Internet : existía antes e moi posiblemente existirá sempre. Pero como din os autores do post hai varias cuestións a ter en conta  na contorna dixital debido á rapidez do espallamento e o nocivos que poden ser certos bulos.  Esa viralidade, que inicialmente é unha técnica de marketing, é coma a bola de neve que se vai facendo cada vez máis grande e ninguén pode ou quere parar. Cantas veces temos visto rectificacións sobre informacións falsas feitas a partires dun tuit mal lido ou dixerido ou, incluso, declaracións atribuídas falsamente a alguén que se converte, sen querelo, en Trending Topic. Que algunha aplicación pase a ser de pago (o caso máis recente co servicio de mensaxería Whatssapp) ou “matar” a algún persoeiro  famoso   son dos rumores máis habituais.

A autora do post, Clara Avila, recoñecida blogueira, experta en Internet e Social Media, fai estas recomendacións cando nos atopemos ante un posible bulo interneteiro: 

1.- Da igual a fonte: hai que usar o sentido común (Nós engadimos: o máis importante)

2.-Un tuit o un post de Facebook non é suficiente referencia. Hai que buscar máis.

3.-Comprobar nas fontes relacionadas (por exemplo, as páxinas das compañías, o Twitter da persona aludida, a web do que anuncia)

4.- Se segues a ter dúbidas, pregúntalle a alguén do sector que saiba do que estás a falar.

Poderíamos engadir un punto 5.- Sexamos todos prudentes. Non hai unha competición por publicar cousas os primeiros.

E, por último, nos presenta Snopes que non é outra cousa ca unha enciclopedia en Internet dalgunha destas “lendas urbanas” que circularon en tempos e que aparecen recopiladas nunha páxina web.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: