Recursos electrónicos

European Sources Online, repositorio de fontes europeas

ESO - Search

A maioría dos usuarios de bibliotecas universitarias coñecen ou  están xa familiarizados co termo repositorio coma portais para a recollida, difusión e preservación das publicacións dixitais científicas en acceso aberto. A USC mantén e xestiona Minerva, o noso repositorio institucional, e tamén participa dalgunhas iniciativas en colaboración con outras universidades.

Neste contexto, o Centro de Documentación Europea da USC  está a participar na creación e xestión do repositorio European Sources Online. Este proxecto,  desenvolvido por varias universidades europeas, principalmente a de Cardiff,  pretende ser unha referencia dos estudos  referidos á Unión Europea incluíndo no repositorio unha variada e completa selección documental.  Oferta, por exemplo,  unha sección de “ESO Information Guides”  divididas en tres partes: institucións europeas, normativa e unha selección de guías específicas de países e rexións de Europa. A actualización é diaria e permite vínculos a texto completo dalgunha fonte referencial e miles de páxinas web, documentos e publicacións da Unión Europea, gobernos,  organizacións internacionais, think tanks,  documentos de traballo e acceso completo aos artigos do Financial Times, así coma referencias a  textos académicos destacados.

Cada entrada indízase, creándose unha especie de “rexistro bibliográfico” que poderá recuperar o investigador que faga a busca na base, permitíndose a busca por palabra clave, autor, contexto xeográfico, etc.

Dado que é un proxecto colaborativo, o Centro de Documentación Europea solicita aos investigadores que xa o usen, compartan as súas suxestións de mellora e enriquecemento deste repositorio. Tamén recomenda aos investigadores que traballen nalgún dos eidos que compoñen o obxectivo do proxecto e publiquen cuestións relativas á Unión Europea, se poñan en contacto con eles para estudar a viabilidade de incluílos no repositorio e darlle maior visibilidade á súa investigación.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: