Aplicacións móbiles

Bx Hot articles de Ex-Libris

hotarticlesbuttonLRG

Continuamos hoxe coa etiqueta ou apartado no noso blogue relativo á mobilidade:  aplicacións que poderedes utilizar no voso dispositivo móbil e que vos axuden na procura e xestión da  información académica que precisedes.

Comezamos comentando unha “vella coñecida” dos usuarios da BUSC e que, pensamos, pode axudar moito para estar ao tanto do que se vai publicando en diversos eidos de interese : falamos de Bx Hot articles ,aplicación gratuíta, desenvolvida por Ex-Libris, que permite acceder a un número importante de artigos e traballos académicos valorados pola súa frecuencia de uso, do que máis se fala, do que é máis “quente” nun determinado campo. Para determinar esta importancia, BxHot articles rastrea un numerosos grupo de plataformas, editoriais, revistas e publicacións académicas,  facéndoo dun xeito similar o que fan outros productos do grupo coma Bx-Usage Services ou Bx-Recommender, axudando ao  usuario a descubrir artigos que outros usuarios atoparon interesantes. Os resultados son devoltos nunha lista dos “dez máis importantes”. A aplicación que, como xa dixemos é gratuíta, ten versións para Android e Iphone.

Permite, por suposto, enviar  os resultados das buscas ó correo electrónico e subscribirse ás actualizacións da lista do noso interese. Tamén podemos acceder ao texto completo dalgúns artigos e non só a referencia, sempre que pertenza a unha publicación subscrita pola BUSC e dentro do dominio usc.es) Lembrade tamén que podedes acceder ós recursos da BUSC  a través do proxy.

Por que non probar esta aplicación gratuíta e ver como funciona? Os pasos a seguir, moi sinxelos, están aquí

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: