Aplicacións móbiles, Redes sociais, Varios

Lecturas e lectores en liña

keep calm

Moito se ten falado nos últimos tempos sobre a lectura como acto individual frente a lectura como actividade compartida.  Cada un terá a súa propia forma de entendelo, pública ou privada, en silencio ou en voz alta.  A aparición das redes sociais fixo que a posibilidade de “conversar” sobre  o que líamos ,que as impresións sobre o que levamos no Kindle, no Ipad ou no libro de bolsillo, nos fixera partícipes dun novo e particular “clube de lectura”.  Cun propósito de compartir, opinar e atopar perfís similares de lectores, xurdiron as primeiras redes sociais  cos libros coma protagonistas.  Neste post de Catuxa Seoane do ano 2009,  xa se reseñaban algunhas das máis utilizados entón e que ela chamaba, adecuadamente, “os Delicious dos libros”: é decir, compartíamos comentarios, impresións, reseñas e, incluso “as listas de desexos” pero,tamén,  valía como unha especie de catálogo persoal ou mesmo de recordatorio dos libros lidos nun ano ou época determinados.  Sen ser exhaustivos, lembramos que Librarything, por exemplo,permitía capturar as cubertas dos libros, facer as nosas etiquetas e valorar e participar en ranquins de lectores. Shelfari , con esa estética tan realista de estantería de biblioteca, viña moi ben para anunciar nas webs das bibliotecas algunhas mostras de libros “físicos”.

Lendo este post do blog Comunicación cultural, que alude tamén a outro de Mediabistro, chegamos a esta listaxe de moitas destas aplicacións. Botando unha rápida ollada, poderíamos concluir :

-Por unha banda a emerxencia de plataformas baseadas nun determinado dispositivo ou aplicación-Ipad, por exemplo- fomentando o concepto, por así decilo, de “comunidade de usuarios”.

-Case todas ofertan, coma plusvalía, o feito de que o subliñado que fagamos, o párrafo destacado, etc., sexa compartido nas redes sociais máis “xeneralistas”, principalmente Facebook.

-As que xurden como vehículo dalgunha editorial ou medio (na liña das redes sociais para científicos potenciadas por grandes grupos editoriais das que falaremos noutra ocasión)

Parece, polo tanto, que este acto silencioso e individual que foi e que é a lectura pode ser tamén entendida coma parte dunha conversa partillada, compartida e, mesmo exhibida no contexto do inmediato. O  “escaparate” das redes sociais  fai que recomendar, valorar, destacar fragmentos e mostralos forma parte dunha experiencia que vai máis aló da lectura mesma, un tanto lonxe das reseñas e das críticas. Unha experiencia na que toman voz e palabra os lectores.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Lecturas e lectores en liña

  1. A ligazón de LibraryThing vai para a páxina en castelán cando hai versión galega, pena que nun texto galego e en galego non se valore o que facemos moitos usuarios en galego nas redes sociais.

    Gústame

    Posted by Xoán Seixas | 12 Xullo 2013, 20:13

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: