Redes sociais, Varios

Exposicións, arte, coleccións… patrimonio na rede

Europeana   Homepage

Vemos de ler  no twitter de Gloria Pérez-Salmerón (@BNE_directora) a contribución da BNE á World Digital Library,

Nueva contribución @BNE_biblioteca a la @WDL World Digital Library. Ved maravillosa selección de obras: http://www.wdl.org/en/search/?institution=national-library-of-spain …@BNE_museo

A verdade é que non podemos deixar de marabillarnos ante a acumulación de tantas e tantas obras e da repercusión deste proxecto da Library of Congress no que colaboran a UNESCO e bibliotecas de todo o mundo.  Os obxectivos, segundo di na súa páxina web, son, entre  outros, promover o entendemento cultural e poñer á disposición do público unha ampla e rica variedade de recursos e, sobre todo, o que nos parece máis importante: reducir a fenda dixital. Resulta especialmente interesante ver como se fai a  selección de contidos, a importancia que se lle da a tradución dos metadatos e o traballo dos catalogadores.

Neste sentido descobríamos tamén a exposición “Science and machines-Scientific and technological development” na web de The European Library.  Esta exposición, na que navegamos por documentación e obxectos tan variados coma correspondencia manuscrita de Einstein, os primeiros raios-X, e a progresiva mecanización dalgúns dos primeiros procesos industriais; está estructurada en diversos paneis, que van dende a radio e os transportes ata a xeografía e as persoas que fixeron posible a modernización. “Science…” é unha das coleccións virtuais de The European Library, que xurde coma unha continuación de programas europeos coma TEL oe TEL-ME-MOR continuadores, a súa vez,  de GABRIEL; nos que as bibliotecas nacionais europeas foron incorporándose progresivamente co gallo de compartir coleccións e rexistros destas institucións. E, claro, falar da European Library é falar tamén de  Europeana que, entre moitas outras cousas, é o agregador da devandita institución. Como estamos a falar de exposicións, coleccións e obxectos que podemos observar a partires destes organismos, recomendamos tamén botar unha ollada ó Pinterest de Europeana, especialmente a este adicado á Guerra Civil Española. Hispana, como socia “local” de proxecto, incorpora, ademáis de tódolos obxectos e coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos; os repositorios institucionais de tódalas universidades españolas (Minerva, o repositorio da BUSC entre eles) e  as bibliotecas dixitais das CC.AA., que van , progresivamente, engadindo distinto tipo do material custodiado, tales coma fotografías, mapas, etc. E, por suposto, mencionar Galiciana, o proxecto no contexto galego, de quen podedes ver, por exemplo, esta recompilación  de Cartografía antiga de Galicia.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: