Pensamos que a mellor maneira de conmemorar o vindeiro 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro, é lendo algunha das súas obras. Se, ademais, unha desas obras cumpre 150 anos, non hai mellor motivo.
O Consello da Cultura Galega ven de poñer na rede a primeira edición de Cantares Gallegos, publicada en Vigo en 1863 e dixitalizada a partires do exemplar da biblioteca de Guillermo Escrigas. Podedes descargala aquí en formato pdf.
Pola rede adiante podemos atopar algunha cousa máis. En Galiciana están algúns rexistros dixitalizados, que podedes consultar nesta listaxe. E, claro, no catálogo da BUSC.
Deixamos tamén esta ligazón da Asociación de Escritoras e Escritores en Língua Galega sobre os actos convocados para o día de Rosalía este venres 22.
Conversa
Aínda non hai comentarios.