BUSC, Catálogo

O catálogo da BUSC

catalogo-iacobus

Nove anos despois da primeira versión (22 de abril de 2004) do catálogo en web da Biblioteca Universitaria, hoxe presentamos unha nova con bastantes melloras respecto daquela.

As principais novidades consisten en:

  • Ofértase en inglés, galego e castelán
  • Poden verse as portadas dos libros (a través do ISBN e sempre que aparezan en Google Books)
  • Se as portadas dos libros aparecen como se fosen a abrirse quere dicir que todo ou parte do libro pode consultarse en Google Books. Só hai que picar na imaxe.
  • Pódense facer listas propias de libros que nos interesen (As miñas listaxes)
  • Pódense facer valoracións de calquera obra
  • Podénse compartir as obras nas redes sociais
  • Aparece o código QR de cada obra
  • Novidades no catálogo: ademais das de sempre, agora aparecen os boletíns de novidades das bibliotecas que o están a facer en Pinterest.

Iremos desenvolvendo cada unha destas novidades en entradas do blog, e así servirán como unha axuda adicional do catálogo.

Agradeceriamos a vosa participación nos diferentes foros da Biblioteca Universitaria (este blog, Facebook, Twitter, etc.) para facernos chegar as vosas aportacións e opinións sobre o catálogo e así ir mellorando e corrixindo erros, na medida do posible.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “O catálogo da BUSC

  1. Foi unha moi agradable sorpresa “entrar” hoxe neste catálogo remozado. A interface é moito máis agradable e a información que devolve (coma sempre, máis do que se buscaba) preséntase de xeito máis atractivo. Noraboa a quen estivo traballando para regalarnos estas melloras.

    Gústame

    Posted by Elvira | 18 Abril 2013, 20:43
  2. Noraboa grande, moi grande. O resultado semella excelente. Forte aperta para todos os responsables desta grande millora

    Gústame

    Posted by Mariví Pardo | 22 Abril 2013, 18:56

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: