BUSC, Catálogo, Ferramentas, Redes sociais

Pinterest na BUSC

pinterest

A BUSC na súa aposta pola innovación e a calidade atópase nun proceso de inmersión paulatina nas redes sociais: blogs, páxinas en Facebook, perfís en Twitter, Youtube, Flickr, Isuu e o que nos ocupa: presenza en Pinterest.  A estas alturas, creo xa non é necesario presentarvos a rede social de moda e paraíso de procastinadores que é Pinterest, verdade? Seguro que xa vistes múltiples definicións onde a describen como unha rede social de imaxes que funciona a xeito de taboleiro de anuncios; eu prefiro imaxinala como un mercado de pulgas onde encontras todo o que buscas, ou máis ben, onde descobres máis do que buscas.

O uso principal que lle estamos a dar a esta ferramenta, é a de presentarvos as novidades que chegan a cada biblioteca dun xeito máis visual e participativo. A través dela, poderedes encontrar as portadas dos documentos recén chegados ordenadas por mes de entrada ou por signatura. Neste momento, as novidades das distintas bibliotecas que usan Pinterest na BUSC pódense consultar nos diferentes taboleiros da Biblioteca Concepción Arenal, Biblioteca da Facultade de Matemáticas, Biblioteca da ETSE e a Biblioteca da Facultade de Química. Ademais, se creades o voso propio perfil, poderedes deixar comentarios útiles para os vosos compañeiros/alumnos e mesmo crear carpetas propias coas imaxes pineadas polas bibliotecas para utilizar Pinterest a xeito de xestor de referencias.

Ademais disto, podedes encontrar nas nosas páxinas algúns interesantísmos centros de interese, que recompilan os documentos que posuímos sobre algún tema concreto como o de “Galicia no Cine” da Biblioteca de CC. da Comunicación / ou o dedicado ás “Letras Galegas” da Biblioteca Xeral.

As posibilidades de Pinterest son enormes, tantas como a imaxinación nos permita; só necesitamos a vosa implicación e participación para alimentar esa motivación que nos permita seguir ofrecéndovos novos servizos

JESÚS TORRES JUNQUERA

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Algo pasa con Pinterest | Fonseca - 17 Marzo 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: