BUSC, Catálogo, Varios

Un manuscrito de Martínez Villergas na BUSC

20130603_134625

Primeira folla do manuscrito de Martínez Villergas, signatura da BUSC Baltar-255

No ano 2012 a BUSC recibe a doazón da Clínica Baltar, a biblioteca persoal do médico compostelán D. Fernando Baltar Tojo. O legado componse dunha colección que abrangue preto de 3000 títulos, cun fondo maioritariamente especializado en Medicina e con edicións comprendidas entre a segunda metade do século XIX e primeira do XX, tendo tamén algunha do século XVIII.  A devandita biblioteca trátase dunha colección particular valiosa, que enriquece e completa os fondos da BUSC.

Na doazón desta  biblioteca  apareceu o seguinte manuscrito:

Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela -Fondo Hco.

O autor deste manuscrito, nado en Valladolid en 1816 e morto en Zamora en 1894, foi un político vacilante, de ideas predominantemente  republicanas, conservadoras e nacionalistas, ademais de escritor de ampla obra e mordaz pluma.  Neste libriño inclúe  unha aceda crítica sobre un dos capítulos da obra do mesmo título (Las Ferias de Madrid) do galego  Antonio Neira de Mosquera. Neste capítulo de Neira de Mosquera faise unha glosa de escritores  contemporáneos máis ou menos coñecidos. Martínez Villergas ataca a súa forma de escribir, dicindo que escribe en galego con palabras casteláns, e examina aos autores citados un por un, seguindo a mesma orde que Neira de Mosquera, criticando cada unha das referencias que fai o escritor galego.

O libriño podería ser interesante tanto para temas de socioloxía lingüística como para crítica literaria. A Biblioteca xa fixo divulgación do mesmo entre o persoal docente e investigador.

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: