BUSC, Comunicación científica, Varios

Unha reflexión sobre o curso de verán “Literatura científica: da redacción á publicación” na Biblioteca Intercentros de Lugo.

lite cientifica

Hai dúas semanas tivo lugar no Campus de Lugo o curso de verán ó que aludimos no título. Máis ben que contarvos polo miúdo os contidos de cada sesión -para o cal é mellor consultar o programa do evento-, queremos expresar que a experiencia foi, en liñas xerais, moi boa para a Biblioteca Intercentros. Dada a alta cota de matriculación e a favorable valoración que se extrae das enquisas de avaliación repartidas ó finalizar, dános a sensación de que estivemos no lugar que cumpría no momento preciso.

Que papel xogou a Biblioteca Intercentros?

Conscientes da plataforma de visibilización que nos brindaba o curso, a Biblioteca orquestou con moito mimo unha serie de talleres que complementasen as sesións teóricas. Levámolos a cabo polas tardes nun aula virtual que fomentaba a orientación práctica dos mesmos.

Que puntos deben mellorarse de cara a futuras convocatorias?

É preciso dar cabida ás necesidades dos investigadores das áreas de Humanidades e Ciencias Sociais no sistema actual de valorización da ciencia. En xeral, contamos con ferramentas orientadas ás Ciencias Experimentais, e formamos no uso das mesmas maioritariamente.

-Sería moi interesante organizar outros cursos nos que se tratara a fase posterior da investigación. Abordar, por exemplo, o proceso polo cal a investigación sae do circuito académico e se entrega á sociedade: máis sobre patentes, spin-offs, etc. 

Que lle aportou á biblioteca a participación no curso?

Máis aló da satisfacción de nos incorporar a unha iniciativa tan ben organizada, consistente e ben valorada, supuxo a oportunidade de revisar a posición da biblioteca e definir a estratexia do servizo dentro do Campus nos seguintes aspectos:

– Necesitamos seguir estreitando lazos e traballando conxuntamente có profesorado. A sinerxia trae consigo moitas vantaxes; unha non tan evidente é que nos obriga, como bibliotecarios, a manternos actualizados e ben formados. O beneficiado, en calquera caso, sempre é o usuario, especialmente os nosos estudantes.

-Temos que aprender a vender mellor o noso servizo.  Moitos dos asientes -non só estudantes de grao, senón principalmente investigadores- caeron na conta, por primeira vez, de que as bibliotecas somos moito máis que meros recintos de estudo.

Ó final do curso houbo unha mesa redonda. Varios asistentes recoñeceron nas súas intervencións aprecio pola faceta formadora da biblioteca, animándonos a seguir na mesma liña. Foi, de veras, ilusionante. Ó tempo que confirmou que esta é unha das liñas de traballo.

MARÍA LÓPEZ GIMÉNEZ, ISABEL SEMPERE SERRANO, CÉSAR GÓMEZ PÉREZ, INÉS AMBOAGE GARCÍA E JULIA CANTALAPIEDRA  ALVAREZ.

I

Advertisements

Conversa

3 thoughts on “Unha reflexión sobre o curso de verán “Literatura científica: da redacción á publicación” na Biblioteca Intercentros de Lugo.

  1. Noraboa aos compañeiros de Lugo e moi interesantes e instructivas as vosas reflexións no blog…

    Gústame

    Posted by Javi | 28 Xuño 2013, 11:48
  2. Parabéns aos compañeiros da Intercentros. E, dende logo, moito sobre o que pensar e reflexionar. Eu quedaríame coa frase “Temos que aprender a vender mellor o noso servizo”. Ser visible é o importante, o que fai a necesidade do servizo, a colaboración cos distintos actores da Universidade. Grazas por estas interesantes reflexións

    Gústame

    Posted by Lorena Gómez | 28 Xuño 2013, 13:42
  3. Reblogueó esto en AsturGalicia Noticiasy comentado:
    Add your thoughts here… (optional)

    Gústame

    Posted by asturgalicia | 29 Xuño 2013, 00:17

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: