BUSC, Catálogo

“El caballero, la muerte y el diablo” de Álvaro Cunqueiro na revista “Fantasía”

512px-Knight-Death-and-the-Devil

O gravado de Durero, do mesmo título, é para moitos dos investigadores o punto de partida da historia: o cabaleiro fundido co peregrino (imaxe de Wikimedia Commons)

A BUSC ven de adquirir recentemente  o número 11 da revista Fantasía: semanario de la invención literaria, con data 20/05/1945.  Esta publicación, que coma La Estafeta Literaria estaba baixo a dirección de Juan Aparicio, foi un dos principais refuxios da creación  na escena literaria da posguerra española.  Con simplemente un ano de vida, editándose primeiro semanal e logo quincenalmente, incluía narrativa, poesía e teatro, ofertando obra de autores coma Juan Ramón Jiménez, Jardiel Poncela, Cela ou Álvaro Cunqueiro, autor este último do que falaremos a continuación.

Neste número recén incorporado ao catálogo da BUSC, aparece  o relato “El caballero, la muerte y el diablo”. É a primeira edición desta obra, publicada posteriormente no ano 1956 pola editorial El Grifón e, xa en 1968, con algúns cambios, en Flores del año mil y pico de ave.

 En “El caballero, la muerte y el diablo”, adicada no seu primeiro párrafo “a mis señores tíos abuelos D. Benito Vicetto y D. Ramón María del Valle-Inclán” atopamos  o mundo da marabilla e da evocación, a inserción do mito no cotiá, a simboloxía espacial guiada polo fío de Felipe de Amancia, o barqueiro narrador que atoparemos tamén noutras obras de Cunqueiro,e a elaboración dunha persoal intertextualidade. Coma di a profesora Ana Sofía Pérez-Bustamante en El caballero, la muerte y el diablo: la Galicia avalónica de Álvaro Cunqueiro” 

“El caballero retoma el mundo del Merlín, presidido por el barquero Felipe de Amancia, y lo lleva a su más lógica conclusión. Y es que las novelas de Cunqueiro no son estrictamente abiertas. Son, sí, plurisignificativas y ampliables, pero todas terminan con la muerte, implícita o explícita de sus héroes. El único soñador que no moría en su novela, Felipe, viene a morir en “El caballero…” , que es por ello como un apéndice de el Merlín” (p.333).

Advertisements

Conversa

2 thoughts on ““El caballero, la muerte y el diablo” de Álvaro Cunqueiro na revista “Fantasía”

  1. Parabéns! É unha grande adquisición e completará o indispensábel fondo cunqueirián da BUSC.

    Gústame

    Posted by Liñeira | 26 Xullo 2013, 22:55

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: