Aplicacións móbiles, Ferramentas, Redes sociais

Apoio a Europeana: #AllezCulture

europeana allez culture

O proxecto Europeana ven desenvolvendose dende o ano 2008. Ampliando as fronteiras do que entendemos por biblioteca dixital, posúe un patrimonio de millóns de obxectos dixitais, ao que contribúen os 27 países da Unión Europea  a través de arquivos, bibliotecas, museos e coleccións audiovisuais de todo o continente.  Lonxe de ser un recuncho estático na rede, fixo unha aposta ampla polas redes sociais, divulgando tesouros de tódalas institucións europeas participantes, propoñendo interesantes exposicións virtuais ,algunha chiscadela á nosa memoria , desenvolvendo apps novidosas e mostrando o seu compromiso coa mobilidade e accesibilidade.  O seu blog é de cabeceira para as persoas interesadas en como facer unha difusión patrimonial efectiva e estable. Por todo iso, Europeana é unha riqueza compartida que se vai incrementando día a día a través de tódolos repositorios das institucións participantes.

Como resulta do contexto económico que atravesamos,  a Europeana, dependente en gran medida dos fondos da Unión Europea, recórtanlle seu financiamento. Os profesionais que traballan nunha das súas seccións, Europeana Professional, poñen en marcha unha campaña de apoio a este proxecto, á súa continuidade.  Só hai que asinar, nada máis. E visibilizar, mediante a etiqueta #AllezCulture, esta reivindicación.

Campaña en Facebook: https://www.facebook.com/groups/AllezCulture/

Campaña en Twitter : #AllezCulture on Twitter

E podemos tamén descargar o cartaz : http://www.pro.europeana.eu/web/guest/protect-our-cef-funding

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: