Pasaron por aquí..., Varios

“Unha obra para un país : Fermín Penzol (1901-1981) e Francisco Fernández del Riego (1913-2010)”, exposición en Fonseca

O pasado día 8 de xullo inaugurouse no Colexio de Fonseca a exposición “Unha obra para un país. Fermín Penzol (1901-1981) / Francisco Fernández del Riego (1913-2010)“, comisariada por  Mª Dolores Cabrera Iglesias, Henrique Monteagudo e   Mª Dolores Villanueva Gesteira.  A figura  de Fermín Penzol, a importancia do seu legado e Fundación creada por el-asi coma unha recreación do seu “rincón bibliófilo”- ocupan unha das salas, mentras que na Capela Gótica do Colexio achegámonos a  Francisco Fernández del Riego, cunha estructura expositiva moi similar pero, neste caso, lembrando o que tiña sido o seu lugar de traballo cotiá.

Do folleto informativo da exposición e dos paneis informativos da mesma extraemos unhas breves notas que partillamos con vos para coñecer un pouco mellor o legado destas dúas figuras fundamentais da cultura galega.

Logo de xuntar unha das bibliotecas persoais mais valiosas de Galicia, co asesoramento de Ramón Piñeiro, aos 55 anos Fermín Penzol decide doala para uso público, consciente da súa importancia como ferramenta de traballo dos estudosos de Galicia nos seus distintos aspectos. En 1963 inaugúrase a Biblioteca Penzol, que desde aquela  vén sendo gobernada por unha Fundación do mesmo nome.  Elemento artellador da cultura galega, do seu padroado formaron parte figuras históricas do galeguismo como R. Otero Pedrayo, M. Gómez Román, R. Isla Couto ou R. Carballo Calero,. Moitos dos que pertenceron a este padroado doaron os seus arquivos persoais á Biblioteca, igual que algúns persoeiros do exilio republicano, como Ramón Martínez López. Dende o ano 1995, a  Casa Galega da Cultura, sé da Fundación e da Biblioteca, acolle tamén o Museo e Biblioteca Fernández del Riego.

A Biblioteca Penzol  é unha das máis importantes bibliotecas do noso país, asumindo como finalidades primordiais velar, conservar e organizar o seu patrimonio bibliográfico e documental, mantendo ademáis a súa biblioteca coma servizo básico á cultura galega.

Os fondos da Biblioteca Penzol son de tres clases:

-Bibliográficos, formados por libros impresos e manuscritos e por publicacións periódicas. Contan con case 40.000  libros impresos, 106 manuscritos e 2.370 publicacións periódicas.

-Arquivísticos, de orixe pública, semipública, eclesiástica e privada. A Penzol atesoura documentos desde 1135 ata a actualidade. Os máis notables son os arquivos privados, especialmente os relacionados co galeguismo histórico: Castelao, os irmáns Villar Ponte, Xohán Vicente Viqueira, Martínez López, Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro, entre outros.

-Especiais, como cartografía, gravados e colección diversas. É salientable a colección de cartografía histórica, con 55 mapas, planos e cartas náuticas. Especialmente valiosa é a colección “A”, con tres álbumes de cartas, poesías e notas de Cornide, Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Eduardo Pondal, Francisco Añón e Valle-Inclán, entre outros.

Como remate, mencionar que o  pasado día 11 de xullo a Xunta concédelle  á Fundación Penzol a Medalla de Ouro de Galicia. Parabéns!

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: