BUSC, Catálogo, Repositorios

No fondo dos fondos da Biblioteca Xeral


FRANCISCO JAVIER VILLAR TEIJEIRO

Hai tempo que me subscribira ás alertas do noso Repositorio Institucional Minerva, e dende entón recibo a diario un correo electrónico coas novas dixitalizacións ou obxectos dixitais que ingresan nel.

Hoxe gustaríame compartir o milagre da transformación de 16 páxinas de papel bastante bastante vello nun PDF accesible dende miles de millóns de pantallas de calquera parte do mundo

Trátase deste opúsculo: “Memoria sobre la necesidad de construir las carreteras provinciales de Santiago á Orense y de Santiago á Lugo en el antiguo reino de Galicia” de 1850

Portada

Portada da “Memoria sobre la necesidad de construir las carreteras provinciales de Santiago a Orense y de Santiago a Lugo en el Antiguo Reino de Galicia”

O enlace ao PDF en que se converteu ese libriño esquecido nun estante ignoto da Xeral:

http://dspace.usc.es/bitstream/10347/7228/1/b11170517.pdf

O enlace ao noso repositorio co rexistro dese libriño xa eternamente conservado e mundialmente accesible:

http://hdl.handle.net/10347/7228

A lectura deste informe é curiosísima, agarimosa, simpática, moi instrutiva e moi recomendable. A rivalidade entre Santiago e A Coruña, unha lección de xeografía, visión do que debe ser un bo goberno, anaquiños de historia de Galicia e unha fina ironía son ingredientes destas páxinas que xa non morrerán

mapa

Mapa do trazado das estradas propostas.

Grazas, señores dixitalizadores da Biblioteca Xeral !!!

P.D. A autovia a Lugo ainda está sen rematar!

Advertisements

Conversa

One thought on “No fondo dos fondos da Biblioteca Xeral

  1. Javier,

    o folleto do que falas no blog Fonseca é realmente moi curioso, grazas por chamar a atención sobre él; grazas tamén pola valoración que fas do Repositorio, o libro xa estaba dixitalizado e forma parte das Coleccións Dixitais da BUSC pero agora, como ti dis, está “eternamente conservado e mundialmente accesible”

    Un saúdo,

    Paloma

    Gústame

    Posted by Paloma | 20 Setembro 2013, 13:45

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: