Comunicación científica

DORA : San Francisco Declaration on Research Assessment

Declaración de San Francisco sobre Evaluación de la Investigación (DORA)

No pasado mes de Nadal, na cidade norteamericana de San Francisco tivo lugar a reunión anual da American Society of Cell Biology. Durante a devandita reunión, un grupo de editores  e editoriais desenvolven unha serie de reflexións e recomendacións,  coñecidas xenericamente coma DORA (Declaration of Research Assessment). Estas reflexións xiran arredor da necesidade de facer unha avaliación, unha valoración realista- axeitada e equilibrada- da calidade e o impacto dos resultados da ciencia e da investigación, materializados nas publicacións científicas. Ata agora, o xeito de avalialas era considerando o “Factor de impacto”, o baremo creado por Thomson-Reuters, do que o colectivo reunido na reunión californiana lembra que, nos seus comezos,  non medía a calidade da publicación, senón que se consideraba unha ferramenta para facilitarlle aos bibliotecarios a compra de revistas. Fan unha revisión das deficiencias que ten o IF coma medidor da calidade, sinalando, entre elas, a irregular distribución das citas por xornais, as disciplinas que aborda e a variedade de fontes que ten en conta;  a posible manipulación das resultas e, sobre todo, a falta de transparencia no cálculo, cun amplo número de datos usados non abertos ao público.

Atopamos, polo tanto, tres aspectos fundamentais nas súas recomendacións:

a) Por unha banda, a necesidade de eliminar as métricas baseadas en revistas a efectos de promoción, avaliación e obtención de financiamento en proxectos para os investigadores.

b) Tamén a importancia de basear a avaliación na calidade do traballo publicado en si mesmo, sendo a fonte na que se publica algo secundario.

c) A relevancia de capitalizar ou promover as vantaxes da publicación en liña,e prescindir de limitacións tales coma número de palabras, figuras e referencias.

Así como os asinantes deste manifesto asumen que xa moitas axencias de avaliación están reconsiderando os seus criterios, diríxense concretamente ás axencias de financiamento, recomendándolles que sexan claras e explícitas no xeito de avaliar a produtividade dos investigadores. Remarcan que o contido dun artigo é moito máis importante que as métricas que del deriven, ou da identidade do xornal no que se publiquen. Tamén solicitan que se teñan en conta novos factores  coma os indicadores cualitativos do impacto investigador, por exemplo, que determinarían cuestións fundamentais como a influencia que teñen no establecemento de prácticas e regulamentos.
As institucións deberán ser claras e transparentes amosando os criterios de contratación e promoción do persoal investigador e insistindo,especialmente no caso dos recen chegados, que o contido dun artigo é moito máis importante que as métricas de publicación que del deriven, así coma a identidade do xornal no que se fai.

Para os consellos editoriais das revistas, o compromiso de reducir o fincapé no IF é introducir o uso doutras métricas coma o Eigenfactor, o Indice H, etc, o que dotará a valoración dun horizonte moito máis amplo. Solicitan, tamén, que os consellos editoriais impulsen o uso de ferramentas baseadas en calcular o contido científico dun traballo máis que avalialo polo xornal no que se publica. Fomentar, tamén, prácticas responsables na autoría,especialmente no que se refira a contribución específica de cada autor.

Ligazón a fonte orixinal: http://am.ascb.org/dora/

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: