Acceso Aberto, BUSC, Ferramentas, Recursos propios, Varios

Xornada sobre software libre do 16 de outubro: impresións dunha bibliotecaria

2GNU

MARÍA CANA VILLAR

Tiven a oportunidade de asistir as Xornadas que, sobre software libre, tiveron lugar no CNTG. O evento estaba organizado polo consorcio CIXUG, e presentado polo coordinador da OSLUG , Rafael Rodríguez Gaioso.

Déronse cita tres ponentes fantásticos: Carlos Gómez, que nos falou da propiedade intelectual; JJ Merelo (da oficina de software libre da Universidade de Granada), que nos falou da “epifanía” e da conversión ao software libre; e Javier de la Cueva (abogado, mestre, filósofo…) que nos falou das implicacións legais e morais dos dereitos de autor.

Uns e outros falaron das vantaxes do software libre, que son moitas e bastante convincentes por sí mesmas e que paso a enumerar:

–          Faise como traballo colaborativo, polo que entre tantos profesionais se crean unhas ferramentas verdadeiramente potentes e de calidade

–          A comunidade manténse a sí mesma a través de foros nos que se plantexan as dúbidas e os problemas técnicos , sen gasto engadido.

–          É gratuito (aínda que ten costos en términos de persoal, tempo invertido, etc.), cuestión moi a ter en conta nos tempos de crise que vivimos

Falaron tamén das desvantaxes:

–          Actitude de rexeitamento ante os cambios polas persoas implicadas

–          Habería que ter persoal informático na Area TIC que atendera os posibles problemas técnicos

Pero sobre todo falaron de que o cambio ao software libre é como unha “revelacion” persoal, un cambio de actitude, de mentalidade. Falaron dunha “epifanía”, un cambio de pensamento que unha vez chega transforma á persoa e non hai volta atrás. Desde este punto de vista é algo que non se debe impoñer, xa que provocaría máis rexeitamento todavía. Debería ser algo paulatino que cada quen “adoptara por propio convencemento”. A nivel institucional isto é moi complicado, pero, ao parecer, hai xa moitas iniciativas; tanto na Xunta como nalgúns concellos en toda España, e a Universidade de Granada leva moito camiño andado. Como é un proxecto común que avanza en pro da comunidade, traballan colaborando uns cos outros, en axuda mutua.

En total estiveron cerca de 3 horas falando de obras (literarias, patentes –este tema deu para moito-, teses, materiais didácticos…). Falaron de titularidades, que si da Universidade, que si dos profesores, que si dos alumnos, que si do PAS… por suposto falaron de ética, de política e -case asociado- de corrupción, de abusos económicos, da SGAE, de CEDRO…. Pero NON saiu a palabra BIBLIOTECA en ningún momento.

Isto chamoume tanto a atención que tiven que dicirllo. Cando se abriu o debate comenteilles que existía un servizo na Universidade que compartía a finalidade desta, un instrumento para achegar o coñecemento á sociedade, promotora en grande parte dos repositorios e do Acceso Aberto en xeral, e que ese servizo é a Biblioteca Universitaria. Que falaran do costo das revistas e das bases de datos, pero sen ser moi conscientes de que son as bibliotecas as que negocian os prezos cos proveedores, que se “consorcian” para acadar mellores ofertas, que coñecen os costos derivados da protección dos dereitos de autor, que saben que han de pagar licenzas polo acceso á información…  e que as bibliotecas teñen como misión a difusión do coñecemento e a transmisión do mesmo á sociedade. Que ás veces non poden cumprir con ela por falta de cartos. Polo tanto, quizáis deberían achegarse a falar coa Biblioteca Universitaria e contarlle das virtudes do software libre e tentar a súa “epifanía”. Quizais é a BU á primeira que debe dar este paso para arrastrar consigo a toda a comunidade universitaria.

En fin, son perfectamente consciente do difícil que pode ser isto, pero persoalmente creo que é así e por iso o dixen. Quizais fun moi entusiasta, pero pola miña banda non podo facer máis que transmitilo. Ao coordinador da OSLUG pareceulle moi interesante a idea de comezar unha colaboración neste sentido, colaboración que faría posible que a BUSC se achegara un pouco máis á “Visión” proposta no Plan Estratéxico 2011-2014:

“A BUSC aspira a converterse nun centro activo de recursos onde a comunidade universitaria atope a resposta acaída ás súas necesidades para a aprendizaxe, a docencia, a investigación e a formación continua.

A BUSC quere ser un referente de información para a xeración e transferencia do coñecemento, onde as tecnoloxías da información e a comunicación estean ao alcance de todos.”

 

Advertisements

Conversa

One thought on “Xornada sobre software libre do 16 de outubro: impresións dunha bibliotecaria

  1. Totalmente de acuerdo con María

    Gústame

    Posted by Isabel | 21 Novembro 2013, 19:08

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: