BUSC, Repositorios, Varios

Pódese recibir un email enviado o 1 de xaneiro de 1846?

FRANCISCO JAVIER VILLAR TEIJEIRO

Sí, pódese. Abaixo está a proba. Nas imaxes inferiores pódense ver as capturas de pantalla do meu Outlook, onde eu recibo as alertas do Repositorio Minerva.  Non son emails senon fontes RSS que eu recibo como correos electrónicos, pero pon ben clariño a data…

Lista correos electronicos

Non sei se é un erro ou non, pero si o fora… que non o corrixan, por favor !!! quero seguir a recibir emails dende o século XIX !!!Correo electronico regulamento

E mandan aviso da incorporación a Minerva do “Reglamento de empleados y dependientes de la Universidad Literaria de Santiago” de 1846. 16 páxinas. E nas páxinas 8-10 o capítulo adicado ao persoal da Biblioteca…Portada do regulamento

Hoxe toca, entón, exame tipo test sobre a BUSC, pero de… 1846

1.- Cantas persoas traballaban na BUSC en 1846?

a) 80

b) 75

c) 70

d) 4 (1 bibliotecario maior, 2 bibliotecarios menores e 1 porteiro)

2.-Que dous cualidades deberían posuir os candidatos a sustituir aos bibliotecarios en caso de enfermidade de éstos.

a) Muller e recomendación

b) Familiar do Reitor e experiencia

c) Probidade e intelixencia

d) Falar inglés e dominio do IPAD.

3.- De qué vacacións gozaban os bibliotecarios segundo o regulamento?

a) Catro meses, entre xuño e setembro

b) 15 días para estero e 15 para desestero

c) Aínda pendiente de negociación cos sindicatos

d) 1 día polo Apóstol e outro de asuntos propios

4.- Según o artigo 30.2ª do regulamento, o porteiro da Biblioteca debía impedir a entrada á Biblioteca a quen non leve

a) “Trage decente”.

b) A TUI

c) Sombreiro

d) A autorización eclesiastica do Cabildo para ler libros perigosos

Onde se imprimiu este regulamento da Universidade Literaria de Santiago de Compostela

a) En Santiago, por suposto

b) En Lugo, no outro campus

c) En Coruña, que daquela era a capital

d) En Madrid

Para os que queran comprobar cantas acertaron  (no email de 1846 non mandaron plantilla coas respostas correctas) pode facer click neste enlace ao repositorio Minerva:

Reglamento de empleados y dependientes de la Universidad Literaria de Santiago

P.D. Qué pasa si busco en Google “Reglamento de empleados y dependientes de la Universidad Literaria de Santiago” (así, con comillas) ? Probade, probade.. é moi curioso…

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: