Acceso Aberto, Comunicación científica, Repositorios

Acceso aberto na universidade española : Aceptación “moral”, implantación real?

logo_openaccess

Logo do OA con licenza creative commons

MABELA CASAL

Recentemente celebrouse a Semana do Acceso Aberto que aproveita o aniversario da Declaración de Berlín para ofertar unha serie de actividades que difundan e reivindiquen as bondades do mesmo.  E parece evidente que a aceptación “moral” destas bondades é un feito. No ámbito das bibliotecas é difícil encontrar a xente pouco convencida con respecto ao acceso aberto. O que non resulta tan evidente e meridiano  é a implantación real e práctica do mesmo.

Por este motivo, e como resultado dunha acción derivada do  III Plan estratéxico REBIUN 2020 (2011), concretamente da  liña estratéxica 2 dedicada a “Dar soporte á  docencia, aprendizaxe e investigación e xestión”[1],  realizouse unha enquisa en outubro de 2012 a partir da cal se obtivo un panorama actual dos repositorios institucionais na  universidade española. Este traballo, que coordinou a BUSC como membro da liña 2, ven de ser publicado recentemente na revista MEI no seu último numero dedicado aos repositorios.

A enquisa foi enviada aos 75 membros de REBIUN,  recibíndose 65 contestacións, o que supón unha participación do 88%.  Da análise da enquisa, ademais dun estado da cuestión,  obtivéronse unha serie de conclusións  a partir das que se propuxeron tres paquetes de medidas ou  recomendacións para favorecer o desenvolvemento dos repositorios e o acceso aberto  e potenciar o seu impacto.

As conclusións mais relevantes do estudo son as seguintes:

– A finais de 2012, 52 universidades españolas afirman contar con repositorio institucional, 8 non o teñen pero está prevista a súa creación e soamente 5 non  teñen repositorio e descoñecen se se creará nun futuro.Aínda así, sorprende que só un 47.6% das institucións teñan asinado a Declaración de Berlín (xuño de 2013). Ademais  os repositorios universitarios en España albergan un número de documentos que podemos considerar escaso (so 14 deles superan os 10.000 documentos aloxados).

– Na meirande parte das universidades é o servizo de biblioteca quen se encarga de dotar de contidos ao repositorio, a través do arquivo delegado.

– Polo que atinxe á tipoloxía documental que albergan, pódese concluir que aínda que  existe unha  grande heteroxeneidade, predomina o depósito de artigos de revista e teses de doutoramento.

– O uso de licencias está absolutamente xeneralizado e o modelo Creative Commons é o maioritario.

– Na enquisa constatouse o escaso número de políticas institucionais de depósito e acceso. Isto incide noutra conclusión: con carácter xeral non existen medios de control do cumprimento do artigo 37 da Lei 14/2011 da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, nin do artigo 14.5 del R.D.99/2011 (actual marco normativo do acceso aberto en España). Polo tanto  aquí  é onde hai que realizar un grande esforzo de mellora.

Centrándonos nas recomendacións, co obxectivo de mellorar o desenvolvemento e implantación dos repositorios e, en xeral, do acceso aberto nas universidades españolas, comezando polo establecemento de políticas e/ou mandatos de acceso e depósito de documentos no repositorio institucional, suxírense unha serie de medidas divididas en tres grandes grupos:

  • Medidas para a creación de políticas de acceso aberto
  • Medidas para cuantificar o grado de cumprimento das políticas de depósito e acceso aberto
  • Medidas para reforzar o papel dos repositorios e do Open Access dentro da comunidade universitaria

Todas elas poderíanse agrupar baixo o paraugas da DIFUSION, FORMACIÓN, CONCIENCIACIÓN, INCENTIVACIÓN, APOIO E  COORDINACIÓN nas Universidades.

A Liña 2 coa enquisa o que perseguía era, a partir das conclusións, realizar accións enmarcadas nos obxectivo mencionado ao comezo desta entrada. Por iso, é a vista dos resultados, traballaremos na difusión do acceso aberto a través dunha campaña dentro das universidades, e colaboraremos coa FECYT na elaboración dunhas pautas e directrices para Universidades e Investigadores que contribúan  á implantación real, e non solo “moral” do acceso aberto.


[1] Un dos seus obxectivos é Promover mandatos y políticas institucionales de acceso abierto a la producción  científica de cada universidad para incrementar su visibilidad e impacto

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Acceso aberto na universidade española : Aceptación “moral”, implantación real?

  1. E cal é o estado actual do noso Repositorio Institucional Minerva? Pregunto eu. Depósitos de profesores?, Calidade dos metadatos? Están todalas teses? Quén é o “encargado”? Podo eu subir un PDF?….

    Gústame

    Posted by Javi | 29 Novembro 2013, 13:28
  2. Javier, o estado de Minerva e un “fiel reflejo” do antedito no post. A día de hoxe con maís de 8.000 rexistros, o Servizo de Publicacions e a Busc alimentan o repositorio subindo teses e fondo patrimonial. Se a normativa de Minerva aprobada polo Consello de Goberno da USC chega por fin a aplicarse, darase un salto cuantitativo e cualitativo. Pero ido, deixaremolo para outro post. ; -D
    Saudos .

    Mabela Casal

    Gústame

    Posted by Mabela Casal | 30 Novembro 2013, 13:24

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: