BUSC, Fondo antigo

Fasciculus Temporum, o impreso máis antigo da BUSC

XOSE RAMÓN LEMA BENDAÑA

O impreso máis antigo da nosa Biblioteca é o chamado Fasciculus Temporum, trátase dunha crónica abreviada do mundo dende a súa creación ata o ano 1474, foi escrita por Werner Rolewinck (1425 – 1502) natural de Wesfalia . Sábese que ingresou na orde dos Cartuxos en colonia aos 22 anos.

Foi bastante prolífico como escritor, parte dos seus manuscritos ficaron inéditos; Publicou Vita Sacti Servatii, 1472.  Paradisus Conscientia, 1475.  Quaestionis Theologicae duodecim, 1475. Pero a súa obra Fascículus temporum, Colonia, 1474, foi un éxito editorial como o demostran as múltiples edicións, unhas trinta antes do ano 1500.

O exemplar que se comenta foi publicado en Venecia  polo impresor Georgius Walch no ano 1479. O seu estado de conservación é bastante bon. Iníciase a obra cun índice a tres columnas que se desprega ao longo de 14 folios arriquecidos con iniciais manuscritas a tres cores, vermello, azul e siena.

siena

O texto do libro, ao igual que a táboa, vai en caracteres góticos pero este vai impreso a liña tirada, e aquí as iniciais son xilográficas

xilográficas

Comeza coa “historia” da creación do mundo :

creación

e amósanos tamén o episodio do Diluvio:

diluvium

A obra está ilustrada mediante gravados xilográficos, que en xeneral teñen un carácter arquetípico propio da arte medieval, polo que simbolizan a realidade á que remiten; sen embargo algúns dos gravados representan a realidade  con elementos que fan referencia ao natural como é o caso desta representación de Venecia:

venecia

Sen embargo outras representacións teñen un carácter convencional como estas vistas de Bizancio e Roma:bizancio

roma

Edicións posteriores foron engadindo os feitos acaecidos despois de 1474.

Aparte do maior ou menor valor do contido histórico do libro no que respecta a súa forma ten aspectos de indudable “modernidade” no uso que fai dos esquemas e no que se refire á ilustración.

Prema nesta ligazón ao noso repositorio Minerva  para ler o exemplar dixitalizado.

Bibliografía : Voz Rolewinck EN: Bibliographie universelle, ancienne et moderne ou histoire, par ordre alphabétique, de la vie publique et privée de tous les hommes qui… Redigée par une societé des hommes de lettres… Tome Trente-huitième. À Paris, Chez L.G. Michaud, 1824.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: