Acceso Aberto, Comunicación científica, Redes sociais

Academia.edu, Elsevier e a “fase Napster” das redes sociais científicas

Academia-edu_-_new_white_logo

LORENA GÓMEZ

Nas pasadas semanas asistimos ao terremoto que supuxo nas redes sociais a nova de que Elsevier solicitaba a Academia.edu que retirase do seu host os papers que non cumpriran os requisitos esixidos pola editorial para o auto arquivo: ser o preprint, o “manuscrito” enviado á editorial antes da publicación, e non o artigo no formato final, o coñecido como “formato-revista”. Este requirimento, coa correspondente “ameaza” de accións legais de non facelo, veu seguido dunha avalancha de posts en blogs e mesmo chamadas á guerra contra as grandes corporacións (un xeito de ver “xermolos verdes”, unha nova“primavera académica” ou algo así) e tivo, loxicamente, a súa resposta por parte das principais implicadas, Elsevier e Academia.edu. En realidade, pode que, como conta Francisco Villatoro no seu blog , a cousa sexa moito máis sinxela: simplemente, están recordando o que moitos investigadores asinaron. Non se trata de negar o auto arquivo en si mesmo: trátase de recordar como e baixo que condicións pode un investigador usar o seu artigo se vai ser publicado por unha revista do grupo Elsevier. Lemos tamén en The Scholarly Kitchen un artigo de Michael Clarke onde se pregunta, case retoricamente, se o sucedido con Academia. edu pode supor o fin das redes académicas tal e como as coñecemos: mellor dito, como as estamos usando. Como nos dous artigos hai cuestións que, consideramos, son interesantes, imos intentar facer un resumo e comentar diferentes aspectos.

-Elsevier, coma moitos outros editores, fai asinar aos investigadores un contrato no que se transfire o copyright o un grao,diferente, de exclusividade. Certo é que, e debido en gran medida á lexítima presión da comunidade científica, as editoriais foron, progresivamente e con maior ou menor grado de apertura, aceptando a chamada Vía Verde do OA: os autores poden colgar pdfs ou os seus artigos nas súas webs persoais, en repositorios institucionais. En ocasións, o manuscrito inicial. Noutras, o artigo final. Varían tamén as condicións do embargo: pode ser de doce meses, ou de seis. O problema é se os investigadores saben, realmente, o que están asinando.

-Academic.edu non é un repositorio nin un servizo de intercambio de preprints. Non é PubMed Central, non é ArXiv.  Academic. edu é unha rede social que traballa, como Facebook ou Linkedin, coas analíticas que obtén do aloxamento de datos dos seus usuarios. E obtén por iso un beneficio.E, como comenta Michael Clarke, pode estar facendo un uso indebido dos contidos aloxados polos seus  usuarios PERO están apoiándose, de feito, na “safe harbor” da Digital Millenium Copyright Act. Os contidos son aloxados por terceiros, os usuarios. Non pola propia rede académica. Polo tanto, os culpábeis, de existir un delito contra a propiedade intelectual, serían os científicos, non a rede.

Por que non actuaron antes as editoriais fronte estas prácticas inadecuadas? Michael Clarke opina que, no momento no que as redes científicas como Mendeley, ResearchGate ou mesmo Academia.edu nacían e se desenvolvían, os editores as observaban como futuro  negocio: como medraban, que posibilidades habería aí. A compra de Mendeley por parte de Elsevier sería a guinda do pastel e é aquí onde “a fase Napster” (o desaparecido servizo de intercambio de arquivos musicais P2P, demandado por infrinxir a propiedade intelectual e  reconvertido nunha web de descargas de pago)comezaría: Elsevier tería, por exemplo, que comezar sendo máis rigoroso cos usuarios de Mendeley e obrigarlles a retirar os artigos en formato revista que non foran do seu propio holding editorial e pertenceran a outros editores de STM.

Ao final do artigo, Clarke fala de que isto non ten por que ser o final das redes científicas e fai unha proposta case de corte pedagóxico. Propón que, por exemplo, en vez de aloxar pdfs por si mesmas, as redes científicas poderían, vía Open URL, chegar ata as bibliotecas académicas ou os repositorios institucionais:

“Cantos máis autores valoren os dereitos libres e sistemáticos de distribución, máis aumentará a  importancia e perfil de títulos que ofrecen os mesmos e devanditos dereitos. Noutras palabras:  cantos máis editores impoñan dereitos de propiedade intelectual ás redes académicas, isto conducirá, a longo prazo e se o mercado o desexa, a unha meirande  consideración, tanto do auto arquivo institucional coma da vía dourada do OA.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: