BUSC, Catálogo, Varios

Seoane e a editorial “Botella al mar”: contribución aos fondos da BUSC

Cando, con Cuadrado, quixemos continuar o labor comezado de estudantes en Compostela, editando, sen contas bancarias nin afáns comerciais, os libros máis estranos e descoñecidos, eses que ninguén arrebata nas librerías e que seguen silandeiros o seu destino a través do tempo, pero que constitúen o estilo dunha época, a flor da historia cultural dun pobo, atopamos nesta imprenta [Imprenta Cuadrado], unha das máis importantes de Sudamérica, o ánimo necesario.  Desde hai anos, entre as decenas de millares de libros que saen do corno da abundancia da súa sección expedición, destinados a editoriais arxentinas, venezolanas, colombianas e doutros moitos países deste continente, xorden estas magnolias, pola singularidade dos seus textos, que son os libros de “Botella al mar”.

Luís Seoane, “Dos imprentas y mis tapas” en Libro de tapas, Ediciones Botella al Mar, 1953.

20131121_133637

A editorial “Botella al mar” foi unha das empresas comandadas por Luís Seoane durante a súa estadía na Arxentina. Trátase da empresa mais prolongada no tempo e que chegou a publicar máis de 150 títulos (entre maio e decembro de 1947 saen obras de Cocteau, Valery, Buñuel e Dalí). Foi ademais a única das editoriais que non se configurou en coleccións, coma si fixeron Citania e Nova.

A BUSC  ven de adquirir exemplares dalgunhas das publicacións desta editorial que enriquecen o xa extenso e valioso fondo da produción de Seoane autor, editor e ilustrador ao que se dedicaron as Letras Galegas no ano 1994.

As obras adquiridas, desta vez,  son as seguintes:

Raquel  Rabí Comenzar es la esperanza GA 3297

Eduardo Azcuy  Poemas para la hora grave  GA 3321

Mario Míguez Farfaria (el mundo de un hombre)  GA 3303

Mario Porro En amor por el tiempo, el tiempo GA 3306 

Jacobo Feldman Páginas de Miself  GA 3304

Carybé  Ajtuss  GA 3319

A ilustración da capa é, en todas elas de Seoane, e incluén un dibuxo no interior.

Para saber un pouco máis da tarefa como editor de Luís Seoane:

Ao pé do prelo: Luís Seoane, editor e artista gráfico. Catálogo da exposición na Casa da Parra, de xullo a setembro do 2010.  Santiago: Xunta de Galicia, 2010 .

Luís Seoane e o libro galego na Arxentina . Catálogo da exposición itinerante. A Coruña: Deputación Provincial, D.L. 1994

Ata o 23 de febreiro do 2014 podese ver na Fundación Luís Seoane de A Coruña a exposición “Luis Seoane, editor: Nova. Bos Aires, 1942-1947, sobre outra das súas empresas editoriais.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: