BUSC, Catálogo, Fondo antigo, Repositorios

Estudo histórico-crítico-comparativo da “Constitución da BUSC” de 1794: un prodixio de modernidade e un adianto para o seu tempo

 

FRANCISCO JAVIER VILLAR TEIJEIRO

Por fin, non sen tempo,  219 anos despois de 1794, a finais do 2013, cumpriuse o mandato (dixital) contido na notal final desta Constitución da BUSC  de 1794 …

Imagen 1, nota final

E efectivamente o “PDF”  “dixitalizouse-arquivouse” no “Repositorio Minerva”:

https://dspace.usc.es/handle/10347/9009Imagen 2, portada

E despois dunha lediciosa lectura das suas 44 páxinas (letra supergrande, só 5 minutos), podemos resaltar os seguintes puntos:

  1. Observando o índice da devandita Constitución podemos considerar a súa interface como precursora e iniciadora do que logo foi o hipertexto, os enlaces, análise de contido e ubicuidade da información dixitalImagen 3, indice
  2. Non é exclusivo das versións dixitais poder actualizar un arquivo, corrixir erros e erratas e ofrecer versións actualizadas de documentos. Advertido un erro na redacción de Madrid, na impresión de Santiago corríxeseImagen 4, actualización
  3.  Daquela o reitor da USC era reitor, bispo, deán, duque e, sobre todo, “Xefe dun Corpo tan respetable de sabios”. Por certo, que terán os de Luou que sempre mandan tanto…?Imagen 5, rector
  4. Nun claro precedente do simbolo do cadeado da nosa páxina web para acceder só dende a rede da USC e/ou con credenciais/contrasinal a recursos electrónicos, esta Constitución establecíaImagen 6, libros prohibidos
  5. Consultando o interesantísimo e curiosísimo apartado de “Visualizar estatísticas” de calquera obxecto dixital depositado en Minerva, constan para o noso arquivo constitucional consultas dende China e EE.UU, e concretamente, de Mountain View, en Silicon Valley, que, curiosamente é sede de compañías tan potentes como Google, Facebook, Microsoft, Nokia ou Adobe. Qué andan estes a argallar na nosa Constitución de 1794? É evidente: considerana a orixe de moitos recursos tecnolóxicos e dixitais hoxe imprescindibles…Imagen 7, estadisticas

P.D. O autoarquivo en Minerva e ben sinxelo: xa o fixen ata eu !!!. E por enrriba xa hai tipos como un de Kiez,en Germany, nada menos, que non ten outra cousa que facer que consultar arquivos de Minerva que non os traga nin o que os fixo!!!. Véxase:

Estatísticas de acceso do handle/10347/9733

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: