BUSC, Catálogo, Fondo antigo, Galicia

El vinatero de Madrid (1784) de Valladares de Sotomayor, na BUSC

20140130_131247

Portada da primeira edición de El vinatero de Madrid de Valladares de Sotomayor (1784), exemplar recentemente adquirido pola BUSC

ALMUDENA QUINTÁNS

Recentemente incorporouse aos fondos da BUSC, un exemplar da primeira edición (1784) de El vinatero de Madrid, comedia nueva original en dos actos de Antonio Valladares de Sotomayor, autor nado en Rianxo en 1738  e que desenvolveu a súa carreira como poeta, novelista e sobre todo dramaturgo en Madrid, onde morreu en 1820.

El Vinatero… naceu como El lavandero de Madrid  pero foi rexeitada pola censura en 1783 (manuscrito na BN MSS.MICRO/6592) e autorizada o ano seguinte, tanto para a publicación como para a estrea, unha vez feitas varias modificacións no texto e no título (censura 28 de agosto de  1784).

Encadrase no xénero da  comedia sentimental,  xénero que reportou a Antonio Valladares de Sotomayor moita sona tanto en España como en América Latina. Esta obra en concreto estreouse en 1784, e dende o principio constitúe unha das mais reputadas, tanto a nivel de publicación como de representación.

Neste “drama urbano”  abórdase o tema do matrimonio desigual entre unha moza plebea cun nobre pretendente (na primeira versión censurada había tamén unha “deshonra-embarazo” que houbo que eliminar) que non se resolve ata que os plebeos son ennobrecidos ou se proba que a súa orixe é aristocrática.

Valladares de Sotomayor foi un autor prolífero (ver outras obras existentes na BUSC), e  que publicou mais de setenta obras teatrais entre sainetes, comedias heroicas e de maxia, e dramas urbanos. Foi tamén compilador dos trinta e catro volumes do Semanario Erudito e a súa continuación, Nuevo Semanario Erudito, de extraordinario éxito no seu tempo e que deu conta de numerosas obras inéditas de autores españois.

Tamén escribiu varias novelas que xuntou baixo o título La Leandra, en nove volumes.

Esta abondosa obra non destaca pola súa calidade malia que foi tremendamente popular. O máis interesante que aporta, segundo os seus estudosos, é o caudal de novas e pormenores sobre a época.

O exemplar adquirido pola BUSC, encadernado en bo estado, corresponde á primeira edición de 1784 en 12º da que se localizan  moi poucos exemplares (dixitalizada en Google Books). Mais doadas de localizar son as posteriores edicións en diversos formatos (en Palau xa se recollen catro anteriores a 1802) o que acredita a súa popularidade.

Na BUSC pódense atopar varios estudos publicados sobre Valladares de Sotomayor e o teatro do século XVIII, algúns deles consultables na rede:

Don Antonio Valladares de Sotomayor : datos biográficos y obra dramática / Jerónimo Herrera Navarro (Filoloxía 8-8 SAIN 1  2)

Don Antonio Valladares de Sotomayor, autor dramático del siglo XVIII / Ibrahim Soheim, El Sayed El Sayed (Filoloxía  86.09 IBR 1)

Sobre el mito de Inglaterra en el teatro español de fines del siglo XVIII : Una adaptación de Valladares de Sotomayor / Paul-J. Guinard

La Real Cédula de 1783 y el teatro de la Ilustración / María Jesús García Garrosa

The Eighteenth-century theatre in Spain a bibliography of criticism and documentation En: Bulletin of Spanish studies [1475-3820] UCLA, G U L ano:2005 vol:82 iss:7 px:1 -191

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: