BUSC

Lembranza dunha bibliotecaria

Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela Foto de Adriá Estévez (estevoaei) con licenza GNU

Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela
Foto de Adriá Estévez (estevoaei) con licenza GNU

CARMEN VARELA PRADO

Hai xa unha semana que perdiamos a nosa compañeira Mercedes Díaz de Bustamante, outro espazo interno no que só ocupará a imaxe do derradeiro encontro e as lembranzas de circunstancias comúns vividas noutro tempo. Non é únicamente o agarimo o que me leva a escribir este pequeno texto na súa memoria, senón tamén o recoñecemento. Mercedes era unha persoa independente, con criterio, ton irónico e, ao mesmo tempo, entrañable – mesmo cando ela non o cría así- pero foi tamén unha desas bibliotecarias que no silencio, tras o pano e cada día, ao longo de trinta e catro anos,  se adicou a catalogar.

Cantos milleiros de rexistros tería feito? Dende a ficha en cartolina ata as etiquetas e campos dos sistemas web, ao fin e o cabo, unha profesional que se adicou a organizar a información para facela accesíbel. Hoxe día, no mundo das bibliotecas e en xeral da información, cegámonos polos avances tecnolóxicos -Google glass librarians- por esas novas funcións como a “curación” ou edición de contidos, a ALFIN … e non é que pretenda restarlles importancia porque a teñen, interesan e apaixóname, pero non hai dúbida de que son moito máis visibles e se lles recoñece o seu valor. Entre os que non pertencen ao noso mundo atopamos aos que pensan que un bibliotecario ou unha bibliotecaria é a personaxe que pon unha etiqueta no lombo dos libros e os coloca nunha balda, co descoñecemento da labor que conleva, sendo moitos os que cren que os motores de busca son os que fan todo o traballo. Descoñécese que detrás dun rexistro bibliográfico dun catálogo ou nunha base de datos está a mente humana, a labor e o traballo oculto e anónimo dun documentalista que introduce a información para que sexa recuperada.

A pegada de Mercedes Díaz permanecerá sempre na Biblioteca Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela, é o seu legado e contribución anónima. Mercedes levouse o agarimo e respecto dos seus compañeiros e compañeiras. Merecido é tamén o recoñecemento e agradecemento profesional, e da mesma ciencia, a tódolos profesionais anónimos que fan posible o acceso ao coñecemento.

.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: