Acceso Aberto, Varios

11 de febreiro, “The day we fight back”

TDWFB2

O pasado día 11 de xaneiro cumpríuse un ano da desaparición de Aaron Swartz. Un dos principais contribuíntes ao desenvolvemento do código RSS, colaborador de sir Tim Berners-Lee, da Open Library e das licenzas Creative Commons.  Unha carreira fulgurante tamén como activista da rede e opositor aos proxectos SOPA e PIPA.  Autor do “Manifiesto de la Guerrilla por el Acceso Abierto  e acusado, tamén, de ter descargado miles de documentos da base de datos JSTOR mediante un script desenvolvido para a ocasión.  Abrumado polos cargos contra él-,que poderían chegar a ser preto de cincuenta anos de cadea e o pagamento dunha multa de mais de catro millóns de dólares; Swartz quitouse a vida a comezos do ano 2013.

support_aaron-500

Banner de apoio a Aaron Swartz

A reacción sobre a morte de Swartz na rede foi unánime: dende Cory Doctorow ata sir Tim Berners-Lee lamentaron tanto a súa triste desaparición coma a desproporcionada condena que lle podería ter sido imposta. A necesidade de difundir o seu legado e, tamén, de continuar loitando contra as restricións da libertade na rede cristalizaron na celebración, o Día 11 de febreiro, de The Day we fight back: against mass surveillance ;un día contra a censura, a favor da libertade  e libre circulación de contidos e, sobre todo, contra o uso gubernamental da rede coma espionaxe masivo.  A recente lei turca que restrinxe o acceso a internet , o caso de Edward Snowden e a constatación do uso de información confidencial por parte da NSA, confluíron nunha revolta en Internet e na que participaron dende a Electronic  Frontier Foundation, Amnistía Internacional, Mozilla, Reddit o BoingBoing. Dende España, un dos organizadores foi a Asociación de Internautas, que publicou un post moi interesante e ben documentado falando das orixes da censura, dende os primeiros movementos contra o Comité de Actividades Antiamericanas en 1947 e a chamada “Caza de Bruxas” ata o caso coñecido como WikiLeaks e as revelacións de Julian Assange ou Bradley Manning.

Os números do día falan por si solos (tomamos do resumo que fixo a Asociación de Internautas, o resumo completo da xornada aquí ):

-Máis de 37.000.000 de personas viron o banner

-Máis de 84.000 tweets (#StopSpying e #StoptheNSA trending topics)

-Máis de 420 000 compartidas en Facebook

Rematamos cun fragmento do post que Enrique Dans adicou a este día, coma unha chamada á acción:

“A espionaxe masiva non é normal, non é algo que teñamos que aceptar, non forma parte de ningunha “regra do xogo” nen é algo ao que teñamos que resignarnos porque está fora do noso control. Na época post-Snowden é algo contra o que temos que loitar, manifestarnos, presionar e protestar”.

Sobre o caso Swartz podedes ler aquí a visión do blog  El derecho a leer.

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Sobre libros electrónicos en OA : onde e como | Fonseca - 30 Setembro 2014

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas