Internet, Redes sociais

Xornadas “A mediación cultural de Internet”no Consello da Cultura Galega

gústame

Fonte da imaxe: http://www.fl ickr.com/photos/infocux/ no programa da Xornada.

O pasado mércores 12 de marzo celebrouse na sede do Consello da Cultura Galega a xornada “A mediación cultural de Internet”.   Os cambios que nestes  vintecinco anos da web se veñen producindo nas industrias culturais, a emerxencia das redes sociais, os hábitos e preferencias do público puxéronse como punto de partida para a exposición tanto de valoracións coma de diferentes propostas.

Na sesión da mañá fíxose unha aproximación ao estado da sociedade da información en Galicia. Alba Silva, do Grupo de Investigación Novos Medios da USC, ofertounos datos sobre a penetración real de Internet na nosa comunidade autónoma, incidindo, sobre todo, no aumento ao acceso á rede mediante os dispositivos móbiles, aumentando no último ano dun 18.7% a un 55.2%. Deste aspecto falaría tamén  Luis Alvarez Sestelo , aludindo  as infraestructura cambios de soporte nos últimos anos, a mobilidade como acceso fundamental e a incorporación de dispositivos coma as tablets. Falouse tamén, e neste punto enlaza co que expuxo posteriormente Carlos Ferrás, no contexto dos “desconectados”, é decir, a porcentaxe da poboación que non accede a Internet e as causas desta ausencia que foron resumidas como a falta de necesidade e, tamén, a falta de coñecementos para facelo.  Ferrás enfatizou na concreción dun desafío importante que é a calidade do acceso, é dicir, para qué nos conectamos e a rentabilidade desa conexión nas nosas necesidades informativas. Citaba, coma exemplo, que un país como India existía menor porcentaxe de acceso á rede pero que a calidade das buscas e a intención posibilitaba, por exemplo, unhas maiores habelencias na procura e consecución de emprego ou a posta en valor da economía local. ¿E os nosos “nativos dixitais”?Aspectos interesantes coma que moitas familias no rural galego manteñen dous ou tres terminais de móbiles dirixidos especialmente ao ocio xuvenil ,mentres que non consideran a necesidade dunha conexión “fixa” no fogar porque non lle ven utilidade, de aí a necesidade de ofertar opcións de desenvolvemento, coa rede coma vehículo, que visibilicen e destaquen pequenos proxectos.  Menciona unha serie de iniciativas interesantes coma Granxafamiliar.org que relacionaba comunidades agrarias  para poñer a venda os seus produtos,  galiciaauténtica.org-que pretende amosar unha realidade rural xenuina e sen adornos.  Manuel González, catedrático de Filoloxía Románica na USC e membro da Asociación PuntoGal falounos do lento pero exitoso proceso da consecución do dominio punto gal, a piques de lanzarse na rede, proceso que se abordará en diferentes fases.

Posteriormente, Pere Masip de la Universitat Ramón Llull, abordou o fenómeno de cambio das audiencias na rede e dos modelos de participación dos cidadáns nos mesmos, tanto no uso das redes sociais coma na construción das redes sociais, dando lugar a un novo modelo de comunicación entre os tradicionais lectores dos xornais e os actuais, que son tamén produtores da información que consumen. Aspectos como a “extimidade” propiciada polo auxe das redes sociais, a emerxencia do que poderíamos considerar unha “sociedade da banalidade” son críticas a medios que tamén propician a democracia, a cultura participativa, o común. Falouse tamén dos medios dixitais ,da participación que teñen os lectores por medio dos comentarios ás novas e das diferentes maneiras e modos de xestionalo nos distintos medios, dese “civic journalism” que crea a un cidadán como fonte e coma distribución dos contidos, e da importancia que ten coñecer ben o que os lectores de medios dixitais len e como o fan. Proporcionar esta participación fai necesaria unha “escoita activa” por parte dos medios, e a emerxencia da creación está agora nos comentarios ás novas. Hai que moderalos ou non? Preséntase distintos modelos de actuación e sinalase o perigo de que os cidadáns non se sintan escoitados nos medios.

Juan Miguel Aguado, da Universidade de Murcia, falounos dos “Contidos culturais e ecosistema móbil: qué está cambiando en Internet?”.  Comezou definindo a revolución móbil coma unha “tormenta perfecta” na que confluiron determinadas circunstancias e establecendo os tres principais contidos aos que lles adicamos tempo: as redes sociais, os xogos e o entretemento (xogos, principalmente). Ningunha outra tecnoloxía está tan vinculada a nosa individualidade, a creación dunha identidade e selo persoal coma a móbil.  O consumo multipantalla, a consolidación das tendas de apps e un apunte sobre a economía das mesmas (que desenvolven mais de 900.000 postos de traballo) reflicten unha realidade na que conflúen as “tres lóxicas” as que apunta o sector: unha lóxica do contido (do “ver” ao “facer”) establecendo unha intelixencia contextual e ambiental e non só de pantallas, dándolle valor ao “relato” que vemos en aplicacións coma Instagram ou Facebook;  unha lóxica do consumo (mais ligada a creación de construcción da identidade e da contorna a que nos sentimos vinculados coma individuos) e, por último, unha lóxica do valor (quen somos, que facemos e cando e como).

Remataron as xornadas con dúas mesas redondas. A primeira delas, na que interviñeron Carme Vidal de Sermos Galiza, Xavier Cea de El Correo Gallego, X.M Pereiro de Luzes e Luis Pousa de La Voz de Galicia. O sostemento de medios en papel,a competencia (ou complementariedade) coas versións en dixital ou, mesmo,  os modelos híbridos que combinan a publicación de determinados contidos en dixital pero mantendo a perminencia do papel centraron as súas intervencións.  Subliñouse que o problema fundamental non é de xornalismo, senón de modelo de negocio, aínda que Carme Vidal fala da precarización da profesión.  Apúntase tamén sobre a pertinencia ou non de considerar xornalismo cultural a blogs que fan crítica e opinión pero dun xeito totalmente independente dos medios, asi coma do papel que as redes sociais teñen na promoción das versións en papel a campaña de captación de suscriptores de “Luzes”, por exemplo, non tería sido posible sen a presenza da mesma en Facebook,  actuando coma reclamo da mesma. Xavier Cea defendeu a presencialidade do xornalista no “lugar dos feitos”, opoñéndose á marea informativa que inunda hoxe as redaccións. E algo especialmente interesante: a reivindicación das novas culturais como feitos cotiás, non relegadas aos suplementos dominicais coma se, en palabras de Luis Pousa,de dunha “reserva sioux” se tratara.  A continuación falaron os responsables de medios que xurdiron directamente da rede: Ramón Vilar de Letra en Obras, Manuel Suárez de Desconcierto, Montse Dopico de M-Magazine cultural galego e Raquel C. Pico de Disque Cool.  Todos eles proveñen de distintos medios xornalísticos, con proxectos de gran seguimento na rede, recoñecen o voluntarismo que supón poñer en marcha proxectos culturais cuxa audiencia sexa determinada. Coinciden na necesidade de crear un discurso crítico no eido cultural, apoiándose na capacidade do lector: é o mellor crítico porque sabe o que quere. Mudan as fontes tamén e perde valor a “axenda de contactos” tradicional do xornalista. Respondendo á preguntas do público que indagaba se estes proxectos xon xa rendibles,  Todos eles comentan que manteñen outros traballos ademais destes proxectos, pero coma di Raquel C. Pico “Mantemos o mellor dos criterios para facer isto: facémolo porque nos fai felices”.

As xornadas poden verse aquí.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: