Ferramentas, Redes sociais

ScienSeek, o buscador de contidos científicos da Fundación CSIC

 

scienceseek caixa principal

 

Ven de lanzarse esta semana ScienSeek, un novo buscador de contidos científicos a cargo da Fundación CSIC.  A premisa fundamental é que pretende facer un filtro do ruído procedente das buscas nos contidos científicos, limitando o campo de busca a centros de investigación, administracións públicas e organismos internacionais, asi coma, lóxicamente, as publicacións de carácter científico. Na presentación que fan da ferramenta na páxina da institución, os responsables subliñan a importancia de devolver nas buscas únicamente contidos científicos e de calidade contrastada.

ScienSeek aparece cunha única caixa de busca ao modo Google e permite a persoalización das pescudas. Ten dous aspectos que consideramos especialmente interesantes:

-É unha ferramenta de tipo colaborativo, podendo os usuarios  mellorar o filtrado suxerindo e proporcionando enderezos  webs e recursos que desexan engadir á base de datos xeral. Proporcionar este grao de  participación aos usuarios consegue que a base de datos sobre as que lanzamos as buscas estea actualizada e mellorada.

-Está dispoñible de xeito gratuíto e aberto para todos aqueles que o precisen, proporcionando un widget para insertalo en blogs ou páxinas web de institucións ou de carácter científico.

Na práctica das buscas podemos establecer os filtrados dun xeito moi sinxelo. No primeiro lugar, determinando se a precisamos nunha lingua determinada ou se escollemos a opción “mulitlenguaje”. Por outra banda, artella un tipo de clasificación das institucións e dos tipos de documentos establecendo catro pestanas diferentes :

 

busca scienceseek

Premede na imaxe para agrandala

 

Información mais pormenorizada sobre o buscador e os seus contidos aquí

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: