Recursos electrónicos

“Escoitar” artigos: unha nova funcionalidade de EBSCO

Ebsco

Pasos para achegármonos aos artigos que ofertan a opción de escoita.

INÉS AMBOAGE GARCÍA

 

Unha imaxe vale máis que mil palabras e escoitar pode ser máis sinxelo e gratificante que ler. Achegarnos unha forma máis doada de estudo e aprendizaxe parece ser unha máxima de provedores de revistas electrónicas e bases de datos, que constantemente incorporan utilidades que non deixan de sorprendernos.

Unha das últimas novidades de Ebsco, quen proporciona acceso a un bo paquete de libros, revistas electrónicas e algunhas bases de datos da BUSC,  é a funcionalidade de traducir e escoitar os artigos de revistas. Iso si, en inglés.

A tradución, a máis de 30 linguas, é automática, polo que a calidade pode verse afectada. A opción de “listening”, en cambio, está moi traballada e ofrécesenos a escolla de acento británico, americano e australiano e tres niveis de velocidade. Para acceder, é preciso estar na rede da USC ou  mediante o servizo de  identificación SIR (olla o videotitorial).  Pasamos logo a buscar artigos, informes ou outras publicacións profesionais  nos produtos contratados a Ebsco en revistas electrónicas ou bases de datos.

O acceso ao texto completo  unicamente é para algúns artigos (os contratados!). Ese acceso, dependendo da revista, preséntase en varias versións: en pdf, en vínculo externo e en html. A opción da que falamos podemos probala nos artigos en html. Consideramos que esta nova opción é un paso importante, especialmente pensamos nos usuarios con discapacidades que, seguro, serán os mais entusiastas receptores desta iniciativa. Aínda que todavía se oferte en poquiños artigos, permitindonos non so a escoita do contido científico, senón a práctica-para os que non somos nativos, claro-doutra lingua e a familiarización cos acentos.

En 15 anos pasamos da lectura do artigo en papel á posibilidade de escoitalo no iPod mentres paseamos. 😀

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: