Comunicación científica, Ferramentas, Redes sociais

Redes sociais científicas Premium e o lugar da biblioteca universitaria (cunha proposta allea para reflexionar)

my science work

Logo da rede social científica My Science Work

Lemos no blog de EC3 un impactante artigo (Rafael Repiso: Las Redes Sociales cambian el modelo editorial científico...) sobre a trascendencia que pode ter no modelo de comunicación científica sustentado polo sistema académico a irrupción dunha combinación novedosa e, ao mesmo tempo, sorprendente: a unión dunha rede social científica e o pago por acceso a determinados recursos de suscripción. É decir: algo xa tan extendido e normalizado entre gran parte da comunidade investigadora coma é posuír un perfil nunha determinada rede social, enriqueceríase coas opcións que, tradicionalmente, oferta a biblioteca universitaria; sendo por exemplo o acceso a revistas científicas de impacto de editoriais coma Elsevier ou Annual Reviews.  A rede científica pioneira chámase My Science Work e engade esta funcionalidade premium por, coma di Repiso, a módica cantidade de oitenta euros ao mes o mesmo, resalta, que custan dous papers.

Xa temos falado en mais ocasións das bondades e beneficios da participación en redes sociais científicas para os profesores e investigadores e membros de equipos de investigación. Non so falamos de visibilidade, senón dos posibles cambios que poden estar a suceder nas avaliacións dos traballos na súa carreira profesional. Non hai moito tempo, Julio Alonso publicaba en Universo Abierto un traballo sobre a trascendencia que poden ter as métricas alternativas ou Almetrics, titulado Almetrics puede no seguir siendo alternativa por mucho tiempo, onde se debullan as posibilidades de visibilidade para avaliación do traballo dun científico baseándose na difusión dos mesmos en redes sociais convencionais coma Facebook e noutras mais especializadas coma ResearchGate ou Academia. edu (tendo en conta, por suposto, os “fallos de sistema” que teñen que ver coa ética coma  o que comentamos neste mesmo blog sobre Academia.edu e o seu conflito con Elsevier). E que, coma di Jan Reichelt, un dos fundadores de Mendeley : “Publicar ou perecer? agora é publicar, compartir, seguir ou perecer” (Publish or perish? interview with Jan Reichelt of Mendeley).

A conclusión, segundo Repiso, é clara con respecto ao papel que ten a biblioteca universitaria neste proceso: as bibliotecas universitarias españolas seguen a desenvolver multitude de proxectos cooperativos potentes, contan con recursos propios e alleos, mobles e inmobles, e teñen un persoal moi formado, pero paradóxicamente van moi por detrás pola súa orientación hacia a institución mesma, esto é,  o problema é a pertenza a un sistema que non posibilita a sinerxia.

Pero, na nosa opinión, a reflexión mais contundente e interesante do artigo de Rafael Repiso é a seguinte e que reproducimos coma cita:

¿Podéis imaginar una red social académica que englobe a las universidades públicas y privadas españolas, gestionadas por la Red de Bibliotecas Universitarias? Cada autor tendría su perfil propio, enlazada con un repositorio nacional (sustituyendo a la decena de repositorios existentes con el consiguiente ahorro). El acceso a los catálogos sería común, cada perfil (alumno, profesor, bibliotecario) podría implementar decenas de posibilidades, incluso una plataforma común permitiría aprovechar los datos para los sistemas propios de evaluación, las posibilidades son casi infinitas.

Coma diría algún autor ben coñecido por nós, “o voso turno”.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: