BUSC, Catálogo, Galicia, Varios

Wenceslao Fernández Flórez fala de humor, de cartos, de “Volvoreta”…

carictatura por lopez rubio

Wenceslao Fernández Flórez visto por López Rubio, na súa época de colaborador da revista “Reflejos”

 

A BUSC ven de adquirir unha transcripción da entrevista que lle fixo ao escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez o xornalista Dicenta en Radio España, o día 6.12.1956.  Fernández Flórez, que xa era un escritor recoñecido daquela, responde a algunhas cuestións relativas á súa escrita, o seu concepto de humor e as influenzas literarias que mais o marcaron. Imos tentar sistematizar algunha das súas respostas.

O entrevistador pregúntalle, en primeiro lugar, se se considera “humorista”. O autor coruñés resposta que primeiro teríamos que saber o que entendemos por humor. Non é este, coma di, “el que aspira a provocar una carcajada” que sería, mais ben, “gracia”. O humor, segundo as súas palabras, pode conter un “tratado de filosofía o un tesoro de ternura”.  Asimesmo, e máis adiante, recoñece tamén a afirmación xeralmente asumida da implícita agresividade do humor, negando o escritor este feito: “Hay, en efecto, muchas personas a las que divierte la ajena infelicidad pero representa una sensibilidad tan inferior que no debe tenerse en cuenta por ningún artista que se estime”. En canto ao  asunto da experiencia propia, dos referentes da vida real fai unha alusión concreta á rapaza que inspirou Volvoreta, “unha aldeanita de Dumbría, rubia y hermosa, con reacciones muy próximas a la naturaleza”.

Outro dos aspectos mencionado é o das herdanzas e influencias e, coma non, da posible trascendencia, da creación dunha determinada escola. Con respecto a primeira, afirma ter sido un neno moi lector, e, sen mencionar directamente a ningún autor, refírese ás súas lecturas de infancia coma unha débeda constante. Con certa retranca, alude aos críticos que pretendendo ” lucir su erudición” intentaban detectar estas influencias ou establecer comparanzas entre o seu humor e o humor británico, circunstancia rebatida polos críticos británicos que caracterizaban o seu humor coma “puramente español”. A entrevista remata falando de asuntos moito mais terrenais como é do aspecto económico: canto gaña un escritor. Fernández Flórez non ten reparo en admitir que gañou diñeiro, eso sí : “Menos de lo que se dice y menos de lo que necesito. España paga muy mal a sus escritores”.

Wenceslao Fernández Flórez na BUSC   

Sobre Wenceslao Fernández Flórez e o cine, o catedrático da USC José Luis Castro de Paz ven de publicar unha monografía titulada Wenceslao Fernández Flórez : material nutriente para el cine español xa dispoñible na BUSC

Sobre Radio España 

Sobre a Fundación Wenceslao Fernández Flórez e as súas actividades

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: