BUSC, Pasaron por aquí..., Varios

Do mito do Xano bifronte e o persoal da BUSC

 

BIBLIOTECA INTERCENTROS DE LUGO

 

 

Janus-Vatican

Xano bifronte,no busto que se atopa no Museo Vaticano (Imaxe tomada de Wikimedia Commons, en dominio público)

 

A  recente incorporación de dous libros á Biblioteca Intercentros El escritor en su paraíso, de Ángel Esteban e a novela de Paco Castro, Nunha presa de terra, fíxonos reparar na idea do persoal bibliotecario que escribe.

E cunha man no directorio da BUSC e coa outra en catálogos de biblioteca, bases de datos e buscadores académicos, fixemos un varrido coa fin de atopar traballos –excluídas as de vinculación académica ou directamente profesional, que quedan no tinteiro para un futuro post- froito da autoría, colaboración, revisión, tradución ou ilustración do noso colectivo.

Aínda a risco de equivocarnos e esquecermos a alguén, imos ofrecer unha breve mostra de cales son as inquedanzas do persoal da BUSC.

Á devandita novela de Paco Castro hai que engadir tamén as narracións de Alberto G. Aneiros (Ironías dos fados, Propios extraños, Relatos desvelados, etc.), o libro de poemas de Cristina Cabada, Sombra acesa   Las extrañas aventuras del Brañas, El libro o hay una vaca en casa, e Magallanes y Elcano, audacia sin medios de Isidoro Castaño.   Todos os outros traballos son ensaio e investigación :  artigos de revista, relatorios en congresos, recensións ou monografías.

A arte relixiosa está presente nos traballos de Carmen Bermejo ( Una escultura de Ferreiro en Róo), Julia Cantalapiedra (El Altar mayor de la Catedral de Lugo) Cristina Cabada (Memoria e imaxes morais, o ciclo mural de San Xulián de Moraime) ou a obra colectiva de Pilar Oro, Araceli García e Mariví Pardo (Iglesias de Lugo, Mondoñedo-Ferrol y Orense). Estas tres últimas, xunto con Daría Vilariño, colaboraron en varias obras sobre o Camiño de Santiago e a lenda do Apóstolo (El Códice Calixtino de la Catedral de Santiago : estudio codicológico y de contenido, El Liber Sancti Iacobi : situación de los problemas, Escritos jacobeos, etc).

Xoan Guitián contribúe aos estudos de arqueoloxía castrexa cos seus traballos sobre petróglifos (Arte rupestre do Barbanza: análise iconográfica e estilística de 99 petroglifos, Historia da arte e arte rupestre: a Península do Barbanza) e  historia de Galicia en xeral (A “Cerámica celta” e o seu tempo, Un acoutamento medieval na comarca compostelá, Aportacións ó estudio das orixes do lazareto marítimo de San Simón (1838-1855) etc.). E dende o  campo da etnografía e a historia, Xosé Ramón Lema Bendaña leva publicados varios artigos (Un muiño en Amoeiro, El matrimonio en la parroquia de Santa Mariña de Ribasar a través de su archivo parroquial).

A nosa compañeira Isabel Sempere, investiga na área de historia do cine en Galicia (La documentación audiovisual como fuente histórica: el archivo de TVE en Galicia,  O Cinema en Ribadavia,  A Importancia do mar no cine de Galicia : (1898-1990)) e a muller no cine (Niní Marshall o la imagen de la gallega en el cine argentino, Mujeres en la encrucijada: personajes femeninos en el cine da la transición política)

Outra compañeira da Biblioteca Intercentros de Lugo, Raquel Pérez, ten colaborado con títulos no ámbito dos emigrados e a emigración coma Contribuciones intelectuales latinoamericanas en la Revista de Cultura Hispanoamericana de Madrid : Carlos Pereyra, Os fondos bibliográficos da Biblioteca AméricaLetras de fronteira do Val do Miño transfronteirizo, Alexandre Bóveda nos seus documentos, Nós mesmos : asociaciomismo galego na emigración.

Javier Valle-Inclán é autor de numerosas achegas sobre diferentes temas; sobre o médico Roberto Nóvoa Santos, como Roberto Nóvoa Santos : las primeras páginas, Escritos juveniles de Roberto Nóvoa Santos en revistas anarquistas e sobre o seu ilustre avó (Valle-Inclán en Compostela : a derradeira estadía en Galiza, La muerte de Valle-Inclán : el último esperpento) entre outras moitas.

Lorena Gómez Méndez conta con varias contribucións a congresos, en concreto,  L.A. is my lady, lectura de Altman a través de la visión de Carver, e Una Propuesta de trabajo con el relato Ella estaba loca de J.J. Millás en el aula de E-LE; mentres que Belén Domínguez foi a coordinadora dos catálogos das exposicións Artistas galegos en Europa, 1945-1980, Materiales en la escultura gallega contemporánea desde Galicia no Tempo, e Os Novos e a pervivencia dos seus modismos.

Outro prolífico autor é Fran Redondo, un gran coñecedor da represión franquista en Galicia, que botou luz nun período cheo de sombras (O mar e a memoria: o expediente Armesto, A Galiza nos campos da morte : lembranza dos galegos deportados polo nazismo, Galegos no inferno : Mauthausen, 60 anos despois, Botarse ao monte : censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965), etc.). A situación e represión que sufriron bibliotecarios e bibliotecarias no mesmo período, centran un bo número de investigacións como Os bibliotecarios da República en 1939: colaboracionismo, depuración franquista e castigos exemplares, O fulgor e as tebras : as bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil e varios máis até rematar coa publicación, este mesmo xullo, de As “Infames” bibliotecarias, na revista Luzes .

Para confirmar a excepción ( ou para contrarrestar a idea) de que somos un colectivo de formación humanística están os traballos de Xan Duro Fernández sobre ecoloxía (Residuos : ¿avanzamos na reciclaxe e compostaxe?, Manual de inspección básica de ríos, etc.) e de José María Costa sobre micoloxía (500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsularPsilocybe semilanceata, un fungo marabilloso , …), estudiando os fungos na dobre vertente biolóxica e antropolóxica.

Finalmente citamos os traballos  de tradución  de Marie Pierre Bouyssou (El Saber griego : diccionario crítico, Diccionario Akal de historia del mundo antiguo, etc.) e a colaboración de Josefina Adán Porto co volume  III, Poboación na obra Galicia eterna.

É esta unha enumeración á que teríamos que engadir os debuxos, gravados e outras composicións artísticas e musicais; os blogs, contribucións na prensa e calquera outra achega á escrita e deseño gráfico na rede.

Son as diversas angueiras que ocupan o tempo e cativan a imaxinación das nosas compañeiras e compañeiros; aquelas expresións, feitas obra escrita, dos seus saberes e creatividades, cada quen segundo o seu particular e valioso interese.

Sirvan estas palabras para mostrar orgullo e honra por tervos ó noso lado.

 

 

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Do mito do Xano bifronte e o persoal da BUSC

  1. É estupendo que teñades feito este relatorio. Recomendo encarecidamente a novela de Paco Castro, é do millor que teño lido dende hai tempo neste xénero; Fran Redondo afonda de modo maxistral nas tebras de tempos moi pero que moi oscuros, estremece pensar que poida pasar algo así como o que conta en “Bibliotecarias e bibliotecarios infames”. Por último recomendo a novela de Isidoro Castaño, de recente publicación. “El Guardian del tiempo”, pubricada pola Editora Regional de Extremadura, axudarános a repensar o noso presente dende épocas que semellan tan lonxanas,

    Gústame

    Posted by Mariví Pardo | 23 Xullo 2014, 13:40

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Escribindo sobre libros, documentación e bibliotecas …dende a propia BUSC | Fonseca - 19 Febreiro 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: