Acceso Aberto, Ferramentas, Libros electrónicos, Recursos electrónicos

Sobre libros electrónicos en OA : onde e como

Hai uns días tivemos a ocasión de facer un cursiño sobre libro electrónico nas bibliotecas universitarias con J.A. Merlo da Universidade de Salamanca. Nel faláronse dalgunhas plataformas e  proxectos no que podemos atopar en aberto libros electrónicos do eido académico, con diferentes modos de acceso. Seguindo un pouco o que ali se dixo, imos tentar facer unha somera listaxe dalgún deles. Deixaremos aparte, por seren mais coñecidas, os libros que podemos atopar noutros proxectos mais familiares para nós coma o Project Gutenberg, repositorios coma Recolecta, e as plataformas comerciais que proporcionan a posibilidade de publicar en OA, coma SpringerOpen.

Oapen Library: Abrangue fundamentalmente publicacións no  eido das Ciencias Sociais e as Humanidades . O proxecto da Open League, con sé en A Haia, preséntase coma unha misión orientada á promocionar Acceso Aberto e difundir a literatura científica baseada neste concepto. Proporcionan unha plataforma de servizos  a bibliotecas e editoriais académicas na preservación dixital, e visibilidade e divulgación dos seus contido, todo baixo un estricto control de calidade das publicacións. Este último aspecto aparece subliñado na súa contundente política de peer-review que podemos ler aquí. 

Vexamos un exemplo de como funciona:

OAPEN Library   Memory and popular film

Atopamos este libro no catálogo e vemos que podemos descargalo ao noso ordenador directamente, dado que posúe unha licenza creative commons. Avísanos tamén da posibilidade de mercalo noutros formatos.

Open Library: Posiblemente o proxecto mais ambicioso e extenso dos que falaremos aquí. É unha iniciativa de Internet Archive– do que falamos hai pouco facendo referencia ao seu proxecto colaborativo con Flickr e The Commons polo que se subían a Flickr milleiros de imaxes extraídas dos libros históricos  en dominio público -e permete dende a lectura en liña dos libros disponibles, coma a descarga e, isto é novidade, o préstamo dalgúns deles sempre e cando esteamos rexistrados, algo que podemos facer totalmente de balde.  O obxectivo fundamental é a realización en liña dun catálogo mundial de libros. Hai que ter en conta que o proxecto non atinxe únicamente libros académicos-case poderíamos decir que a maioría dos usuarios que coñecemos e aos que preguntamos por ela procuran outro tipo de literatura-pero; aínda así hai bastantes materiais que podemos atopar aquí.

Un resumo de como traballar na Open Library en tres pasos: Borrow eBooks  Open Library

O interesante deste proxecto, ademais de que está desenvolvido en software libre e foi un dos traballos polos que loitou Aaron Swartz,  é a súa chamada á colaboración en liña por parte de bibliotecarios, lectores, ou, simplemente, personas amantes dos libros. Cunha firme crenza na intelixencia colectiva, Open Library desenvolve o seu traballo coma unha wiki permanente, beneficiándose da colaboración de catalogadores voluntarios e mesmo programadores, pretendendo facer unha páxina por cada libro, e ofertando os metadatos desta catalogación para ser aproveitados ou recolectados posteriormente por terceiros. Mais polo extenso podemos saber deste proxecto aquí.

O DOAB  (Directory of Open Access Books) é o “xemelgo” doutro directorio ben coñecido xa polos usuarios de bibliotecas, o DOAJ (Directory of Open Access Journals). O obxectivo fundamental de DOAB é incrementar a visibilidade dos libros en acceso aberto, animando desde este directorio a tódalas editoriais académicas a participar proporcionando os seus metadatos, asi coma oferta a recolección destes contidos a bibliotecas a partires do protocolo OAI-PMH. DOAB e OAPEN Library (http://www.oapen.org) son servizos ofertados pola OAPEN Foundation. The OAPEN Library proporciona libros en OA a texto completo, mentres que o DOAB se presenta coma unha ferramenta para descobrer e localizalos.

DOAB  Directory of Open Access Books

O premer no botón de “Free access” accedemos ao texto completo do libro, aloxado no repositorio e-Archivo, da Universidad Carlos III de Madrid coa URI: http://hdl.handle.net/10016/8517

Temos tamén casos de modelos “mixtos”nos que podemos atopar unha plataforma que da soporte a textos en acceso aberto e funciona tamén coma comercial, ofrecendo a compra de libros en formato epub ou pdf, de xeito directo ou mediante a subscripción institucional.  Este é o caso de Openedition.books. Pretende construir unha biblioteca internacional referente no campo das Humanidades Dixitais.

Catálogo   OpenEdition Books

Atopamos nesta captura de pantalla as dúas posibilidades: versión freemium e de pago.

Un modelo novo, imaxinativo e diferente, que traballa coma abandeirado da sostenibilidade para tódalas partes implicadas no proceso editorial é o que defende a plataforma Knowledge Unlatched. A partires do pago dunha cuota, a biblioteca obtén o acceso libre e ilimitado a un bó número de libros que a plataforma proporciona, previa negociación coas editoriais e os que sustentan os dereitos co gallo de “liberalos” e facelos accesibles. É unha forma nova de participación na contorna do acceso aberto,  no que a escalabilidade (cantas mais bibliotecas participen, o custo proporcional de acceso a cada monografía será menor, xa que haberá mais títulos a dispor dos usuarios) é fundamental. O acceso faise a través de Oapen Library e de HathiTrust. Nesta primeira fase do proxecto, pechado xa a novas incorporacións, están bibliotecas coma a Pública de NY, The Max Planck Society,IthaKa (a través do seu socio Portico, o proxecto de preservación dixital), etc.

Collection Availability 1   Pilot Collection

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: