Acceso Aberto, BUSC, Comunicación científica, Repositorios

Semana do Acceso Aberto: Taller na USC sobre Minerva e producción científica en OA, programación de actividades, material informativo e actividade nas redes sociais

Neon_Open_green

Imaxe de Justinc en Wikimedia Commons con licenza cc BY-SA-20

Coincidindo coa Semana Internacional de Acceso Aberto, a Vicerreitoría de Investigación e Innovación coa colaboración da Biblioteca Universitaria, organiza o vindeiro venres día 24 un taller de presentación de Minerva, Repositorio Institucional da USC (http://minerva.usc.es/), así como das prestacións que oferta para xestionar o proceso de Open Access da producción científica dos investigadores da USC.

 

“XESTION DA PRODUCCIÓN CIENTIFICA EN OPEN ACCESS: TALLER DE PRESENTACION DE MINERVA,  REPOSITORIO INSTITUCIONAL DA USC, E BENEFICIOS DO ACCESO EN ABERTO”

 

Data do Evento: 24/10/2014-24/10/2014

Lugar : Facultade de Bioloxía. Aula 5. Hora: 10:00 am. Duración: 2 h. Viceoconferencia Edif. CACTUS, Campus Lugo

minrvafinal

Pantalla de inicio do repositorio Minerva da USC

Participarán:  Nieves Rodríguez, bibliotecaria e coordinadora do repositorio Minerva,  Isabel Casal Reyes, directora da BUSC e  a Vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey.

 

header_865x180

 

 

Por outra banda, REBIUN  e FECYT organizan unha serie de seminarios que poderemos seguir en liña. Toda a programación está nesta ligazón http://www.accesoabierto.info . Hoxe mesmo,  a partires das 13.00, poderemos asistir ao debate que terá lugar dende a Universidad de Córdoba sobre “Los desafíos del acceso abierto”. Participarán  Carmen Liñán (Universidad de Córdoba), José Manuel Barrueco (Universitat de València), José Antonio Merlo Vega (Universidad de Salamanca), Lidón París (Universitat Jaume I), Jordi Serrano (Universitat Politècnica de Catalunya) e Rocío Serrano (Universidad de Navarra).

 

Por se quedaba algunha dúbida,-agardamos que non- dos beneficios do Acceso Aberto, a BUSC participou na redacción e difusión deste folleto informativo que podedes descargar aquí

 

 

https   minerva.usc.es bitstream 10347 11466 1 folleto open access A3 GALL 1.pdf

Cabeceira do documento que podedes consultar e descargar desde a sección “Novidades” do repositorio Minerva

 

Andan xa activas neste momento en Twitter as etiquetas #OpenAccessWeek e #OAWeek2014 , das que faremos seguemento desde a nosa conta @BUSCUSC. Podedes seguir dende alí tamén as ligazóns e materiais  que compañeiros e compañeiras doutras universidades engaden, asi coma as experiencias de PDI, profesionais das bibliotecas, estudantes, etc.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: