Acceso Aberto, BUSC, Comunicación científica, Ferramentas, Repositorios

Acceso aberto na Universidade de Santiago de Compostela : Balance de dez meses de autoarquivo

minerva2

Páxina de inicio de Minerva, o repositorio institucional da USC

Isabel Casal Reyes

Parece axeitado que aproveitando a conmemoración da Sétima Semana Internacional do Acceso Aberto, fagamos dende a BUSC  un balance trala apertura do Repositorio Institucional Minerva á Comunidade Universitaria na modalidade de autoarquivo en xaneiro de 2014.

Apuntemos algunhas cifras:

Número de documentos depositados en Decembro de 2013—>8848

Número de documentos na actualidade–> 10745 (23-10-2014)

Por comunidades:

  • Biblioteca –>2298
  • I+D+I  –>7829

– Departamentos –>24

-Institutos e Centros de Investigación —>325

-Revistas editadas polo SPIC–>5557

-Teses–>1331

  • Docencia e Innovación Educativa–>100
  • Institucional–>518

Museo de Historia Natural –>510

Visitas recibidas (23-10-2014)–>57826

Por comunidades

  • Biblioteca–>11263
  • I+D+I–>41080
  • Docencia–>3248
  • Institucional—>2242

Procedencia das visitas destacables: Estados Unidos e China

As conclusións mais relevantes que podemos extraer son as seguintes:

-O incremento en termos globais dos documentos subidos por institutos e outros servizos da USC foi estimable. Pero aínda estamos  moi lonxe de cifras importantes en termos de autoarquivo de investigadores.

-As razóns que agochan este escaso entusiasmo, similar ao que se detecta no meirande parte das universidades españolas, ten que ver con medos e co descoñecemento sobre o que o acceso aberto  supón pero tamén, non cabe dúbida,  coa falta de estímulos , ben a través de mandatos, recomendacións ou incentivos á publicación en aberto. En definitiva co escaso número de políticas institucionais sobre o tema. Isto incide noutra conclusión: con carácter xeral non existen medios de control do cumprimento do artigo 37 da Lei 14/2011 da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, nin do artigo 14.5 del R.D. 99/2011 (actual marco normativo do acceso aberto en España). Polo tanto  aquí  é onde hai que realizar un grande esforzo de mellora.

Creo sinceramente que o feito de que o MINECO déralle finalmente luz verde ao documento  Recomendaciones para la implementación del artículo 37 Difusión en Acceso Abierto de la Ley de la Ciencia, la Tecnología y la Innovación  é importantísimo porque traza unha guía para que entidades financiadoras, universidades e centros de investigación, investigadores e incluso editoriais, teñan en conta cal é o marco normativo no que se insiren e que como lles afecta a cada unha destas partes mencionadas.

O programa Horizonte 2020 e as convocatorias do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016 do  Ministerio de Economía y  Competitividad reclaman o cumprimento do Acceso Aberto[1].  Polo que, agardando que esta obriga vaia acompañada de medidas que aseguren e verifiquen o seu cumprimento, non podemos mais que agardar que o Acceso Aberto se consolide na universidade española e nomeadamente na USC.

[1] De acordo co artigo 37 da Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, as publicacións científicas resultantes, total ou parcialmente, do financiamento outorgado ao amparo da presente convocatoria deberán estar dispoñibles en acceso aberto. Para elo, os autores poderán optar por publicar en revistas de acceso aberto, ou ben por autoarquivar en repositorios institucionais ou temáticos de acceso aberto, os traballos científicos que teñan sido aceptados para a súa publicación en publicacións seriadas ou periódicas.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: