Acceso Aberto, BUSC, Varios

FAQs sobre o noso Repositorio Minerva (pechando con humor a semana do Open Access)

 

Librarian Working in the stacks (1950)

Librarian Working in the stacks (1950), Flickr de Duke University Archives Licenza cc BY-NC-SA Prema na imaxe para chegar á ligazón

 

FRANCISCO JAVIER VILLAR TEIJEIRO-Biblioteca de Bioloxía

 

O noso compañeiro Francisco Javier Villar Teijeiro fai o que tan ben sabe facer: darlle volta ás cousas cun ollar intelixente e retranqueiro. Hoxe propón o que serían unhas tolas “preguntas mais frecuentes” sobre o noso repositorio Minerva e tamén sobre OA.

AS FAQS ou PREGUNTAS MAIS HABITUAIS SOBRE O REPOSITORIO MINERVA    

1.- Podo subir ao repositorio un arquivo feito con Wordperfect, dende o meu navegador Netscape 3.1 e co meu PC con Windows 98?

Si. Pero non se che esqueza darlle á manivela

2.-Pelexeime coa miña parella, podo borrala como autora dun artigo depositado en Minerva xa que ela non fixo nada pero a puxen como autora para que lle desen puntos?

Non. As parellas de feito en Minerva, segundo o protocolo OAI-PMH, teñen interoperabilidade infinita

3.-Quero subir un arquivo ao repositorio pero coa condición de que non llo deixen ver os da Universidade da Coruña, que non me renovaron o contrato. Podo pedirlles aos de Google que se esquezan dos da Coruña?

Si, pero podería haber problemas cos municipios a metade de camiño entre Santiago e Coruña
4.-Despois de autoarquivarme a min mesmo un artigo meu en Minerva, observo nas Estatisticas de acceso que o descargaron en Pion-Yang (China) e Merityville (Wisconsin, EEUU). Podo saber quen son estes tipos?

Non, porque non son persoas, son IPs, que significa Indagadores Permanentes
5.-Din no Departamento que o novo reitor da USC me obriga a depositar no Repositorio o meu artigo de factor de implosión do cuarto quintal publicado nunha revista indizada por H. Podo seguir cobrando no repositorio os 200 euros por descarga?

Non. Todo o diñeiro recadado no repositorio vai para o Plan de Equilibrio Orzamentario (PEO)
6.-Equivoqueime ao subir o arquivo dun Powerpoint dunha práctica de Bioquímica e metín un capitulo da serie “Breaking Bad” pirateado. Pódenmo devolver que aínda non o vira?
Non. Ademais segundo a nova Lei de Propiedade Intelectual, o seu ORCID do Repositorio podería ser considerado unha páxina web de descargas ilegal

7.-Acabo de comprar un disco duro portátil de 2000 jigabais, podería descargarme o Repositorio Minerva enteiro ?

Non. Todos os arquivos do Repositorio teñen a licenza “Creativo Común” (da-pi-ci): “Descoñecemento do autor” – “Piratear igual” – “De venda exclusiva no Corte Inglés”

8.-O meu bibliotecario díxome que é sinxelo: “Ti metes os metadatos Dáblin Corr con protocolo OAIPMH en Dspace e xeras unha URL permanente con handle”, pero, pódese metabolizar a xunta da trócola?

Non. A xunta da trócola non xera URLs permanentes

9.-Sempre pertencín á USC pero a miña tese doutoral lina en UCLA, para evitar pelexas inútiles entre universidades, pódese depositar unha metade da tese en Minerva e a outra metade en UCLA’s Repository?

Si. Pero as conclusións e bibliografía deben quedar en Minerva

10.- En relación coa integración de Minerva en redes sociais, podo subir un video que me pasaron o outro día dun mono conducindo un Audi en dirección contraria que te partes de risa?

Non. Segundo o regulamento de Minerva os animais salvaxes non poden constar no campo “DC Author”

P.D. Post non admitido para o seu depósito en Minerva e publicado fora da Semana Internacional do Open Access 😉

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “FAQs sobre o noso Repositorio Minerva (pechando con humor a semana do Open Access)

  1. Jajajaaaaaa… é boísimo Javi!! Había ben tempo que non ría tanto! Boto en falta as emoticonas chorando da risa…

    Gústame

    Posted by María Cana | 3 Novembro 2014, 12:58
  2. Jajajaja, as FAQ ideais!

    Gústame

    Posted by Isabel | 3 Novembro 2014, 15:38

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: