Comunicación científica, Pasaron por aquí..., Repositorios, Varios

O Museo de Historia Natural da USC: nova etapa

 

Damos hoxe a benvida no noso blog a Isabel Fraga Vila, directora do Museo de Historia Natural, e que nos vai  presentar os seus obxectivos, coleccións e actividades e, como non, da biblioteca e os documentos dispoñibles no repositorio Minerva da USC.

 

MUSEO con logo reducida

Vista exterior do Museo de Historia Natural no Parque de Vista Alegre. Imaxe de Martin Vaz cedida pola institución

 

 

Mª ISABEL FRAGA VILA

O día 18 de outubro de 2014 tivo lugar o acto oficial de inauguración do Museo de Historia Natural  na súa nova sede , un edificio construído no Parque de Vista Alegre, polo Consorcio de Santiago e cedido a Universidade de Santiago de Compostela (USC), para uso exclusivo deste museo.

Previamente a inauguración houbo tres días de portas abertas con gran afluencia de persoas que, en xeral, manifestaron a súa alegría por poder cumprir o desexo, longamente esperado, de coñecer as novas salas expositivas. Salas  que dende o pasado día 21 están abertas ao público, en xornada de mañá e tarde, de martes a sábado, e de mañá os domingos.

A orixe deste museo remóntase ao Gabinete de Historia Natural, creado en 1840, cunhas poucas coleccións que tiñan como única finalidade as clases prácticas da materia Historia Natural. Paralelamente a súa transformación en Museo de Historia Natural (1906) houbo un notable incremento na cantidade e a calidade das coleccións; melloras que se prolongan ata a actualidade.  Tamén co tempo as actividades  foron deixando de ser exclusivamente docentes, para engadir a investigación e a divulgación científica.

 Ao longo da  súa historia, o museo  sempre estivo ubicado nalgunha facultade da USC,  ocupando espazos non sempre adecuados as súas necesidades.  O traslado a este novo edificio supuxo un gran avance, xa que ademais de espazos axeitados para exposicións ten almacéns  que permiten gardar, de modo ordenado e accesible, as diferentes coleccións; laboratorios;  biblioteca; sala para obradoiros e outras actividades docentes, así como espazos para tarefas de administración e xestión.   Esta parte que constitúe a cara oculta para o público é  fundamental para o funcionamento do museo.

O novo deseño da exposición realizouse de acordo coas actuais tendencias de mostrar o medio natural  en escenarios realistas  que reproducen ecosistemas.  Facendo  uso de vitrinas só nos casos imprescindíbeis. Procuramos evitar barreiras físicas que illasen os exemplares  expostos dos visitantes, coa finalidade de educar tamén no respecto e coidado do medio natural e os seus compoñentes.  Hai salas vangardistas e pioneiras en este tipo de museos en España, como a dedicada ao solo e outras moi vistosas,como a da biodiversidade.

Aínda que a cara visible deste museo son as salas expositivas, non se pode esquecer que as coleccións científicas son os piares nos que se apoian todas as actividades que se desenvolven no museo   A universidade de Santiago ten neste museo coleccións de gran valor científico e cultural, entre as que destacan a tipoteca,  (exemplares de referencia internacional de especies novas para a ciencia) e accesible dende o repositorio Minerva da USC;  a colección malacolóxica Rolán (unha das mellores de Europa, con mais dun millón de exemplares), ou  a colección de modelos cristalográficos elaborada no século XIX baixo a dirección de R. Haüy, fundador da Cristalografía, entre outras.

As coleccións foron conformándose desde o século XIX con aportacións de numerosos naturalistas, científicos, institucións e particulares.  Sen a súas contribucións non existiría este museo. É salientable que ao ser este un centro universitario,  as coleccións están enriquecéndose continuamente con  exemplares resultantes dos traballos de investigación  que se realizan nesta e noutras universidades, principalmente nas tres universidades galegas.  Tamén son moitas as persoas  sen vinculación coa universidade que na actualidade están facendo doazóns  que contribúen a  enriquecer  o patrimonio do museo.

A biblioteca, xunto coas coleccións,  son as ferramentas imprescindibles para desenvolver as tarefas de  investigación, educación formal e divulgación científica  que pretendemos levar a cabo neste museo renovado.  Aínda que limitacións, de tipo económico e de recursos humanos, neste momento dificultan ou impiden o desenvolvemento de moitas das actividades previstas, esperamos conseguir  superar pronto estas adversidades  e participar de forma activa e eficaz na transmisión de coñecemento científico dende a USC á sociedade.

Advertisements

Conversa

One thought on “O Museo de Historia Natural da USC: nova etapa

  1. Reblogged this on AsturGalicia Noticias.

    Gústame

    Posted by administrador | 5 Novembro 2014, 12:24

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: