Alfabetización e competencias

GTALFIN, grupo de traballo multidisciplinar para o traballo en ALFIN e competencias educativas

NUBE GTALFIN

CARMEN VARELA PRADO

 

GTALFIN  é un grupo de traballo multidisciplinar e nacional creado no ano 2007 para traballar en Alfabetización Informacional e Competencias Educativas.

Tendo en conta os obxectivos que este Grupo se propuxo,  veu  facendo, o longo destes anos diferentes traballos e elaborando informes anuais, que se poden consultar na páxina aloxada no Ministerio de Cultura.

En maio do ano que andamos, foi convocada unha reunión da Comisión Permanente (CP) do Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB) para solicitar unha nova orientación no traballo deste Grupo (GTALFIN) encomendándolles a tarefa de traballar no campo das competencias informacionais  o longo de todo o sistema educativo e  elaborar un documento sobre “bases de competencias informacionais nas distintas etapas educativas baseándose na colaboración entre bibliotecas escolares e universitarias”.

Iniciase unha nova etapa do grupo GTALFIN, que segue coordinando  Felicidad Campal (BP Salamanca), con unha nova orientación,  novos membros, entre os que me atopo eu como representante de REBIUN e novos obxectivos.

Na primeira reunión celebrada o 18 de setembro, presentáronse os novos membros do Grupo, definíronse os novos obxectivos e a folla de ruta para comezar a traballar e establecer prazos de execución de cada paso.

Comezarase por analizar diversa documentación e normativa: directivas da UE, UNESCO, desenvolvementos noutros países así como o traballo efectuado nas CCAA…, coa dita información analizada e estudada, determinar as competencias para cada nivel do ensino, isto é, enunciar aquelas competencias que se esperan o  final de cada etapa educativa, recopiar boas prácticas e modelos de éxito e avaliar a situación por nivel para chegar a realizar as recomendacións oportunas para mellorar.

Na mesa de traballo saíu tamén a debate algún tema de grande interese  e a ter en conta:

  •  A propia denominación, como chamar a esta competencia ALFIN, AMI ( Alfabetización Informacional e Mediática como propón a UNESCO), Competencias Informacionais, Dixitais? … finalmente decidiuse que de momento se deixaría ALFIN.
  • O perfil do profesorado, a súa actitude profesional, innovador ou non, emprendedor ou mais ben inmobilista, a actitude fronte a información e o sistema de ensinanza.
  • A dificultade para algúns profesores/as, pola falta de formación, para programar por competencias e proxectos.

As actitudes das familias e as propias do alumnado ante estes cambios, como o perciben, considerando que en moitas ocasións consideran a competencia en TIC en si mesma e non a relacionan coa aprendizaxe no seu senso global.

A análise da documentación  que consideramos de lectura obrigatoria e o traballo compartido do grupo permitirá ir determinando as pautas, recomendacións e indicadores que se plasmarán no documento marco que poda ser referente para a adquisición e acreditación das competencias informacionais/dixitais do alumnado en todas e cada unha das etapas educativas.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: