Acceso Aberto, Alfabetización e competencias, Comunicación científica, Recursos electrónicos, Repositorios

Lecturas sobre futuro, OA , financiamento e o papel dos profesionais

Carritos da Brooklyn Public Libraries Central .– No Flickr de Musgo Dumio_ Momio. Imaxe con licenza CC BY-NC-SA 2.0 Prema na imaxe para vela no álbum e acceder á licenza.

 

Levamos algún tempo asistindo a distintos debates sobre o rol que o persoal das bibliotecas deberá cumprir nun futuro. O moi interesante artigo publicado por Lluís Anglada – ¿Son las bibliotecas sostenibles en un mundo de información libre, digital y en red? , subliña a necesidade de “repensar” o papel que os profesionais da información terán, ou deben ter, nun futuro sen limitacións dixitais de acceso ao coñecemento.   No informe do Grupo de Trabajo sobre Prospectiva Bibliotecaria, Prospectiva 2020: las diez áreas que más van a cambiar en nuestras bibliotecas en los próximos años, faise tamén unha aproximación ao papel que teremos  nun futuro próximo, envoltos na contorna dixital e de información sen horarios nen fronteiras.  O traballo deste grupo estase a espallar pola rede por medio dun blog ao que podedes acceder aquí e participar na conversa (tamén en twitter, na conta @bibliotecas2020)

Deixando  as cábalas que podamos facer,un dos aspectos no que as bibliotecas académicas levan anos traballando – e que irá aumentando- é a creación e mantemento de repositorios. Grazas ao blog Gredos da Biblioteca da Universidade de Salamanca, chegamos a un interesante traballo  El acceso abierto al conocimiento científico  de J. Valverde Berrocoso , e dispoñible (non podería ser doutro modo) en http://hdl.handle.net/2445/36335 . Faise un percorrido pola  historia do movemento do Acceso Aberto e as distintas declaracións que o sustentan; deténse tamén  nos distintos tipos de licenzas  Creative Commons así coma no concepto de copyleft,expoñendo finalmente unha panorámica das políticas gubernamentais ao respecto.

Seguindo na liña de ollar  ao futuro, lemos no blog Comunicación Cultural, unha entrada baixo o título  Acceso abierto y financiación en bibliotecas.  Fanse eco dun estudo publicado polo Publishers Communication Group reflectindo os resultados dunha enquisa enviada a 150 bibliotecarios de todo o mundo, e no que se  pregunta sobre o papel das bibliotecas e bibliotecarios como participantes do esquema de publicación en Open Access , abordando a realidade da publicación dos contidos en OA. Hai que ter en conta, como nos indican neste artigo, que os costes de publicación caen sobre os autores ou sobre a institución, poñendo moitas delas un límite de entre 2000 e 3000 dólares. Ten a biblioteca participación nisto? Para algúns, ten que ser a valedora ou “controladora” deses fondos,aínda que este punto de vista non é unánime. O que si subliñan é que o modelo de publicación en OA abre novas vías que, supoñemos, serían de entendemento entre editores e bibliotecarios á hora de xestionar e racionalizar os custos derivados da publicación.

Falando de desafíos, chegamos a un artigo titulado 10 challenges librarians are facing, no que Emily Gillingham- nos puntos 7 e 10- refírese á  o necesarios que son os profesionais das bibliotecas á hora de ofrecer asesoramento aos investigadores-unha nova aproximación ao “embedded librarian” ou bibliotecario “incrustado”- sobre novos aspectos que van xurdindo como  o copyright, os dereitos de publicación e pon sobre a mesa a pregunta de se son os que teñen que xestionar os fondos adicados ao OA ou, incluso, axudar na captación de fondos para as publicacións en Open Access, e deixa esta pregunta no ár, como unha invitación á reflexión. Realmente, o que podemos deducir é unha reivindicación do papel dos bibliotecarios coma parte de todo o proceso de comunicación científica, coñecendo e apoiando todo o proceso desde dentro. Unha postura ambiciosa que non está moi lonxe do que sinala o Plan Estratéxico de REBIUN, por exemplo.

Consideramos que nestes artigos temos bastante material para a reflexión.

 

Lorena Gómez

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: