BUSC, Catálogo, Varios

Un post de Disquecool sobre literatura “descoñecida” e as ligazóns cos fondos da BUSC

 

Young people's librarian points out "what to read"

A bibliotecaria infantil sinalando o que hai que ler 🙂 Imaxe en dominio público, subida pola NYPL ao espazo en Flickr The Moitas Commons. Prema na imaxe para ver o arquivo orixinal

 

L.G.

Unha das boas cousas que ten a rede é que nos permite argallar algunhas asociacións sen movernos prácticamente da silla. Lemos un post de Disquecool, co prometedor título 6 libros da literatura galega que non coñeces (e deberías). Fíxonos moita graza cando o limos, porque unha das cousas que moitas bibliotecarias facemos cando lemos referencias a literatura ou artigos é poñernos coma deberes comprobar se eses libros que se recomendan, se esa obra considerada marabillosa, estrana ou esquecida, se agocha nalgún recuncho do depósito da biblioteca na que traballas, ou,mesmo se está dixitalizada, que outra biblioteca pode tela, etc.

Fixemos esta pequena viaxe por seis obras recomendadas pola sempre inqueda Raquel C. Pico, unha das redactoras de Disquecool e “parte contratante” tamén, dunha das webs sobre literatura  mais lida, comentada, partillada e admirada nas redes sociais, Librópatas. Grazas a ela e a Cris, a outra “pata” desta mesa literaria, podemos hoxe ofertarvos esta proposta de lectura saíndonos da liña académica e aproveitando a nosa biblioteca como o que é: un lugar onde atopar todo tipo de curiosidades que pagan a pena.  Non facemos neste post que publicamos hoxe nen reseñas nen sesudas reflexións, moitas das novelas que citamos teñen edicións críticas espléndidas e non é o noso cometido facer unha achega filolóxica. O que queremos é amosar o que temos na biblioteca porque..témolas todas!

Non agardei por ningúén (1957) de Ramón de Valenzuela.  Quen pode resistirse a unha novela de espionaxe, misterio, exilio e aventuras protagonizada por un galeguista que remata sendo espía da II República? No catálogo da BUSC aparecen varios exemplares, un deles o que ten  pintada a flor a que fai referencia Raquel no seu post.

Néveda de Francisca Herrera Garrido. Unha historia que ten todos os triunfos na man para converterse no folletín rocambolesco por excelencia. Case un “culebrón” é a vida amorosa da protagonista na que foi a primeira novela escrita por unha muller en galego. Na BUSC podédela atopar aquí.

Viaxe a Terra Santa de Egeria .Vale, está en latín, co que de literatura galega…polos pelos. Pero tamén é certo que unha das teorías que fala desta monxa que se paseou por Terra Santa e nolo conta nun feixe de cartas, era seguidora de Prisciliano…polo que poñémola aquí e non nos riñan moito. No catálogo hai varios exemplares.

A modelo de Paco Asorey de Xoan Xesús González. Tan interesante pola novela en si mesma coma pola biografía do autor, fusilado en xullo do 36 e autodidacta en grado sumo. A historia de herdeira rica e estudante pobre clásica, publicada nun contexto no que tan popular eran as novelas eróticas ou sicalípticas.  Hoxe considérase a primeira novela erótica en galego. Edicións da obra aquí, nesta ligazón

Blanca de Loboso de Xesús Rábade Paredes. En forma de diario, a obra gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro do ano 1991,  arranca  coa protagonista a piques de enfrontar un proceso do Tribunal do Santo Oficio.  O demo e a carne, nunha novela histórica que contén tamén humor e moitos rexistros mais. Exemplares na BUSC

-Non quero ser Doris Day de Inma López Silva  Quen non pensou en fuxir a París tras unha ruptura amororsa  e proxectar escribir a gran novela galega? Bueno, vale, non todos. A protagonista desta recentemente reeditada obra sí o quere facer. Conseguiralo? Tedes que ler a novela que podedes atopar aquí para sabelo.

Advertisements

Conversa

3 thoughts on “Un post de Disquecool sobre literatura “descoñecida” e as ligazóns cos fondos da BUSC

  1. Onde se pon o “me gusta”? 😉

    Gústame

    Posted by Isabel | 9 Decembro 2014, 15:53

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Unha biblioteca circulante compostelana ….do ano 1924 | Fonseca - 30 Xuño 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: