De autor, Varios

Dominio público: cincuenta anos (ou setenta) non son nada

L.G.

O inicio dun novo ano trae sempre a reflexion sobre novos propósitos, cambios e listaxes tamén das cousas a facer. Na contorna do dereito, ademais das discusións sobre a nova Lei de Propiedade Intelectual, os enlaces, a marcha de Google News, etc ; falamos tamén dos autores que entran no dominio público e as distintas lexislacións a ter en conta.

Na web publicdomainreview. org ( proxecto da Open Knowledge Foundation) do que tamén se fan eco en Librópatas,  atopamos a seguinte imaxe coa lenda “Class of 2015”:

Class of 2015   The Public Domain Review

Imaxe coa que se ilustra a nova dos autores que entran en dominio público no 2015 na páxina publicdomainreview.org

O que aparentemente é unha brincadeira da organización é unha moi orixinal forma de presentar os autores e creadores cuxas obras deixarán de “gozar” de dereitos e poderán ser usadas libremente. Dende o autor da, coma eles subliñan, unha das pinturas mais reproducidas do mundo ata o escritor dun libro para nenos no que o protagonista é un pequeno príncipe habitante doutro planeta ata un compositor extraordinario, pasando por outros excelsos nomes da música, literatura e as artes plásticas. Pero…rebobinemos. Qué quere decir exactamente entrar no dominio público? É algo aplicable do mesmo xeito na lexislación de tódolos países?

O dominio público establécese como o libre uso de recursos de obras de creación ao rematar o prazo de proteción de dereitos de autor.  O criterio xeral é que o beneficio por explotación das obras dun autor remata, como termo xeral establecido no Convenio de Berna, aos cincuenta anos da súa morte; aínda que se recoñece o dereito a lexislación doutros países a expandir estes límites. No post da devandita web fálase desta circunstancia e como afectaría aos autores desta orla ficticia: oito deles entran no dominio público nos países cuxa aplicación sería “vida + 70 anos despois da morte” e outros tres entrarían nos países nos que a lexislación estableza “vida+50 anos trala morte”. Forman todos parte da mesma clase, pero a uns levaríalles mais tempo que aos outros rematar a carreira, digamolo así. No caso da maioría dos países da Unión Europea, a directiva 206/115/CE é a da aplicación, coma é en España, aínda que a Lei de Propiedade Intelectual española establécese un período diferente para os autores cuxo pasamento tivera lugar antes de 1987 ; neste caso a duración dos dereitos sería de oitenta anos. (Coma curiosidade deixamos  o Buttom based Public Domain Calculator ou  “Calculadora de entrada no dominio público ” na web de Europeana, así coma a ligazón ao Grupo de Traballo de Fesabid no que se recolle a Guía sobre la  Directiva Europea de Obras Huérfanas

Os cambios de lexislación son outro dos problemas que afectan a comprensión do que é ou non é dominio público. No caso dos Estados Unidos,   aparecen ben reflectidos neste post do Center For The Studies of Public Domain da Duke University, onde falan de películas que poderían estar hoxe libres de dereitos (entre elas Gigi ou Vértixe) e libros coma  Memorias dunha xoven formal de Simone de Beauvoir ou O noso home na Habana de Graham Greene de non ter feito un cambio nas condicións do copyright no ano 1978 e que alongou o periodo de protección dalgunhas  (recomendamos a lectura de todo o post porque é interesante para comprender este feito).

Outra cuestión a ter en conta son as obras creadas a partires dunha orixinal (versións cinematográficas, por exemplo). Un dos casos mais chamativos é o de Alice in Wonderland de Lewis Carroll, en dominio público desde mediados do século XX. Non así o filme de debuxos animados creado pola Disney en 1951, o que inclúe, coma é lóxico, aos persoaxes- o seu deseño visual-  creados polos devanditos estudos, que están rexistrados coma marca renovable.  Un caso que se repite en bandas deseñadas e as súas versións animadas (Popeye ou Tarzán ). Hai dous artigos que explican moi ben os diversos intentos por manter dereitos a piques de expirar e engaden exemplos aos que aquí amosamos,  como foi o caso do artigo publicado por V. Moreno en Expansión Los herederos de Conan Doyle quieren vivir de Sherlock Holmes(para o que rexistran coma marcas nomes de persoaxes, por exemplo); ou o que escreben os compañeiros das bibliotecas de Vila-Real sobre os herdeiros de Saint-Exúpery e a súa batalla (perdida, seica) por prolongar os dereitos de explotación de xeito case desesperado: Dominio público: Saint-Exùpery ¿una marca de yogures más?  a partires do artigo Domain public : Le Petit Grince ou le brevet sur l’asteroide B612

E pola nosa parte, que temos que engadir? O que publica a Biblioteca Nacional de España sobre os autores en língua española que entran no dominio público a partires de xaneiro do 2015  A BN engade un parágrafo na explicación, e despois da listaxe, na que advirte que se alguén se pode decatar dalgún erro u omisión, pode poñerse en contacto coa propia biblioteca, dado que consideran esta lista “abierta y colaborativa”. É decir: algo similar ao “fale agora ou cale para sempre” 🙂

Addenda final: No momento de publicar este post (que tiñabamos en borrador desde principios de xaneiro) decatámonos do escrito por Helena Celdrán e José Angel González(@HelenaAnxel) no seu blog Trasdós, e que incluímos aquí no último momento polo seu interese. O interesante post, de recomendable lectura, titúlase Kandinsky, Munch, Mondrian, Saint-Exùpery…de dominio público desde 2015

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: