Recursos electrónicos, Repositorios, Varios

Precísanse Craiotecarios Metadatalizadores Uploadizadores

chiste_monje1

Imaxe sen créditos, tirámola do blog Mundobiblio (premede sobre a imaxe para seguir a ligazón)

Francisco Javier Villar Teijeiro, B I B L I O T E C A R I O

Para cubrir axeitadamente as necesidades do noso Repositorio Institucional Minerva, a USC vén de convocar 3.784 prazas do Corpo de Técnicos Superiores Facultativos Craiotecarios, Escala de Metadatalizadores, Subescala Uploadizadores (3.782 promoción interna; 2 acceso libre) cos seguintes requisitos:

  • Titulación de Grao en Craiotecoloxía. Acéptanse as denominacións análogas de Craiero, Craiotequista, Craiónomo, Craiotero ou Craiólogo. Non se aceptarán profesións en vías de extinción como Bibliotequistas, Bibliotecandos, Bibliotequeros, Biblioteros ou Biblientecatos.
  • Non se valorarán coñecementos de idiomas. Só é requisito imprescindible o coñecemento das ferramentas seguintes: Jújel trasleitor, Apple traduttore e Microsoft traducinski
  • A metadatalización intensiva do posto de traballo non requirirá o coñecemento de “Dáblin Corr (co acento na á)”, pero si xustificante expedido pola BUSC de ter catalogado nos últimos 30 anos polo menos entre 5 e 10 libros no sistema electronificado Millennium
  • As probas físicas de manexo e tratamento de diversos tipos de arquivos e ficheiros (subir e baixar PDfs polas escaleiras do SPIC; pasar un Powerpoint entre dous Word cos ollos pechados, etc) serán obrigatorias pero non eliminatorias
  • O exercicio de etiquetación metadatalizadora clasificatoria indizada temáticamente realizarase con pegatinas normalizadas ISO 2014 (os rexistros handle de Dspace non admiten celo)
  • Con anterioridade á realización das probas os aspirantes deberán acreditar documentalmente o coñecemento da normativa sobre dereitos de autor, mediante un certificado expedido pola SGAE, CEDRO, AEDE ou entidade de similar prestixio, onde se fará constar que o candidato non pirateou nunca no PC da súa casa arquivos de ningún tipo
  • A efectos de convalidación da experiencia en postos similares, as metadatalizacións – uploadizacións feitas de artigos do cuarto cuartil do índice H, puntuará o dobre que a de artigos de acceso libre. Os proprints, postprints, prinprints e anteprints non puntuarán
  • A metadatalización – uploadización de teses da USC anteriores ao ano 2005 requirirá da colaboración do Servizo de Dixitalización, PDFización e Repositorización del Centro Superior Bibliográfico de Galicia da Cidade da Cultura no monte Gaiás
  • Crearase así mesmo unha biblioteca depósito (edificio deseñado semellando un enorme contedor azul de reciclaxe) de tódolos libros en papel xa metadatalizados – uploadizados, que quedarán loxicamente excluídos de préstamo
  • Os candidatos seleccionados serán así mesmo os encargados en nome da USC de pagar o canon de AEDE á SGAE pola tasa de Google news previa autorización irrenunciable dos agregadores de contidos, ou algo así.
  • Nun prazo de 5 anos tentarase cumprir o obxectivo estratéxico nº 9 do Plan Estratéxico de Repositorización da Universidade para que toda a produción científica da USC repouse axeitadamente metadatalizada no Repositorio Institucional Minerva

Eu xa me apuntei !!!

 

Advertisements

Conversa

3 thoughts on “Precísanse Craiotecarios Metadatalizadores Uploadizadores

  1. Jajajaja, me encanta.

    Gústame

    Posted by Isabel | 20 Xaneiro 2015, 15:17
  2. Un posto de traballo envidiable!

    Gústame

    Posted by Inés | 21 Xaneiro 2015, 09:20
  3. Moi bo Francisco Javier (Javi). Estás en pleno auxe creativo. Fas unha estupenda conxunción entre humor e intelixencia. Algo moi sano e necesario. Ánimote a que nos sigas deleitando cos teus orixinais e incisivos post.

    Gústame

    Posted by xosé a. | 22 Xaneiro 2015, 22:41

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: