Acceso Aberto, Comunicación científica, Recursos electrónicos

Nature, os bos titulares e as realidades

 

neurone

A depiction of a reconstructed HSN neuron from the fly rendered with ray-tracing program POV-Ray Mietchen en Wikimmedia Commons (licenza CC-BY -2.5) Orixi: Hermann Cuntz (University College London)

L.G

Levamos uns días asistindo a difusión dalgunhas novas relacionadas coa revista Nature que, pensamos, están dando lugar a certa confusión : que si Nature pon tódolos contidos en aberto, que si entra de cheo no Open Access, que si adopta as licenzas CC…hai moito de certo e moito de falso, paradoxalmente, en todo isto. Por iso, vaiamos por partes, e fagamos unha “cronoloxía dos feitos”:

-En decembro de 2014,  Nature publica unha nova no seu blog Nature promotes read-only share by subscribers Nesta entrada, a publicación oferta, mediante a instalación dun software privativo chamado ReadCube, a lectura en liña dos contidos da revista, pero non para o público en xeral, senón para suscriptores e medios de comunicación. Ollo: só lectura e subliñado online, nen descarga nen impresión.. É decir: se un subscritor desexa compartir un artigo, pode enviar unha ligazón a alguén que non sexa subscritor, que poderá lelo en liña, pero nen descargalo nen facer copia impresa.  Isto, obviamente, non é “poñer en aberto tódolos contidos” como lemos nalgunhas novas que andan pola rede adiante : é abrir -con diferentes datas segundo sexan suscriptores individuais ou institucións, os contidos da revista. Seguimos lendo e atopamos o seguinte párrafo:

The content-sharing policy, which also applies to 48 other journals in Macmillan’s Nature Publishing Group (NPG) division, including Nature Genetics, Nature Medicine and Nature Physics, marks an attempt to let scientists freely read and share articles while preserving NPG’s primary source of income — the subscription fees libraries and individuals pay to gain access to articles.

A calquera quédalle claro que a principal fonte de ingresos desta revista son as subscricións e isto fai -coma din algún dos profesores interrogados neste mesmo post-  que esta iniciativa de Nature, sexa valorada coma o que realmente é, sen mais ou menos; son “relacións públicas pero non open access” di John Wilbanks, un dos mais estrictos defensores das políticas de OA e profesor emérito da Ewing Marion Kauffman Foundation en Kansas. Case na mesma liña maniféstase Michael Eisen, un dos fundadores de PLOS, que publica unha entrada no seu blog co suxerente título Is Nature’s free-to view” a magnanimous gesture ou a cynical ploy?   Abrir contidos non é o mesmo que establecer unha política, voluntaria, de OA por parte dunha revista. E Nature, lembremos, xa tiña o modelo de autoarquivo +embargo…como entón era posible que “abrira” todos os contidos tirando pola borda o compromiso e o pagamento dos autores que apostaron por esa modalidade de publicación?

As dúbidas quedan resoltas nos dous últimos parágrafos do artigo, engadidos recientemente e que supoñen unha rectificación con respecto a quen pode compartir ligazóns aos artigos da revista e en qué xeito. Pero o último é especialmente revelador:

The article has been altered to clarify that the new programme, allowing authors to provide an immediate link to a screen view of their article, runs alongside the six-month embargo NPG places on authors self-archiving manuscripts in online repositories. The six-month self-archiving embargo remains.

Mais explicacións sobre este feito e as políticas de OA de Nature, na entrada do blog Content sharing is *not* open access and why NPG is committed to both  Xa o din eles no título NON É Open Áccess. Non o estamos decindo nós.

Queda polo tanto algo mais claro: os suscriptores poden compartir, se é unha publicación con embargo, este se mantén. Polo tanto, non é moito mais que o que estaban a facer os investigadores e alumnos por medios “analóxicos”: fotocopiar un artigo, subliñalo e discutilo. Non hai mais.

-Xaneiro de 2015. Nature anuncia que tódolos artigos publicados nas revistas do seu grupo editorial levarán por defecto a licenza CC BY-4.0 (attribution only).  Pero tamén contempla a posibilidade de que os autores reclamen ou soliciten a publicación baixo outra, ben sexa BY-NC-SA 4.0, BY-NC 4.0, por poñer os casos que poderían ser os mais numerosos. Tendo todo esto en conta, cómpre decir que usar licenzas creative commons ten que ver coa cultura libre, Implica a conciencia de crear unha obra, un artigo de opinión ou científico que poda chegar a un público mais amplio e colaborativo, aínda que xa se deran algúns pasos neste sentido:  Nature Publishing Group introduce la licencia CC BY-3.0 en todos sus artículos (noviembre de 2012).  Veremos como se vai desenvolvendo nos vindeiros meses, pero, nun principio, o que supón – e, tendo en conta que é un paso importantísimo- é a posibilidade de distribuír, modificar (ampliar ou correxir) os artigos xa publicados na revista, citando a autoría orixinal. O que hai que ter en conta é que estas modificacións, estas addendas -e a riqueza intelectual e científica en favor do procomún- son creacións novas a partires dunha dada, é decir, a deducción lóxica é que non teñen o respaldo da revista. O artigo completo sobre este feito podémolo consultar na fonte orixinal A recap of a succesful year in open access and introducing CC-BY as default.  Certo que o grupo editorial está facendo unha serie de movimientos significativos en favor do OA. Certo tamén que teñen algunhas revistas publicadas íntegramente en aberto e unha política  establecida de OA. Certo tamén que adoptan a licenza cc 4.0 e son signos valiosos dun cambio de perspectiva. Pero por decilo dun xeito sinxelo, non todo é OA. Polo menos de momento.

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: