Acceso Aberto, Comunicación científica, Repositorios

Concernidos ou implicados no Acceso Aberto en España? Unha folla de ruta para estes últimos

Neon_Open_green

Imaxe de Justinc en Wikimedia Commons, licenza cc BY-SA-2.0 A imaxe enlaza coa licenza

 

 

 

(Este artigo é a tradución ao galego do post que coma firma invitada publicou Mabela Casal no blog de BiD e que podedes consultar aquí).

 

 

Mabela Casal

Desde as declaracións de Budapest, Bethesda e Berlín ata a progresiva xeneralización de políticas institucionais sobre o acceso aberto en todo o mundo, teñen transcorrido  máis de dez anos e o camiño non foi doado, aínda que no seu desenvolvemento foron acadándose logros de diferente magnitude. Estes condúcennos,  ao meu modo de ver de xeito irrevogable, á consolidación do acceso aberto como modelo alternativo de comunicación científica. Quizá esta expresión grandilocuente en España debería ser matizada, pero, en calquera caso, son moitos os pasos dados para traballar no éxito do Open Access. Un dos máis significativos foi a consagración dun artigo da Ley de la Ciencia la Tecnología y la Innovación dedicado en exclusiva ao acceso aberto. O artigo 37 titulado Difusión en acceso abierto,  e máis concretamente a súa aplicación, xerou sen embargo non poucas dúbidas nos diferentes actores implicados.

Conscientes da importancia de apostar pola súa aplicación, seguimento e control real, desde a FECYT decídense a elaborar unha folla de ruta que disipe dúbidas e clarifique o tema. Constitúese entón un grupo de traballo onde están presentes aquelas universidades españolas máis avanzadas no que atinxe ao establecemento dunha política institucional de acceso aberto (no momento da confección do grupo non superaban as quince) e a participación tamén dun organismo que destacou pola súa aposta decidida polo Open Access desde unha declaración institucional en 2004 ata as diferentes achegas que os seus grupos de traballo e liñas estratéxicas levan feitas ao longo  dos últimos anos. Estou a referirme a REBIUN. Partindo deste presupostos e baixo a coordinación de Lluís Anglada, Pilar Rico e Cristina G. Copeiro, o grupo bota a andar no último trimestre de 2013, concluíndo o seu traballo no verán de 2014. A maquetación do produto final ve a luz en outubro de 2014.

Baixo o título Recomendaciones para la implementación del artículo 37 Difusión en Acceso Abierto de la Ley de la Ciencia, la Tecnología y la Innovación, o documento recolle, en primeiro lugar, aqueles conceptos básicos que se deben manexar para comprender as políticas de acceso aberto, incluíndo os seus beneficios. Partindo do contexto europeo, especifícase cál é o marco legal das políticas de acceso aberto en España. Pero a parte fundamental do documento é aquela na que se establecen de xeito sintético e sinxelo  catro apartados  onde profundar acerca das implicacións do acceso aberto para os distintos axentes involucrados: os xestores de axudas públicas á I+D+i, as universidades e centros de investigación, os investigadores e as entidades subscritoras de revistas científicas. Para fixar as recomendacións sectoriais  tívose moi en conta a experiencia dos participantes a nivel nacional e internacional, así como os principais obstáculos e boas prácticas nos procesos de implantación dos requirimentos  institucionais.

Con carácter complementario ofrécense diferentes iniciativas para ir más alá do que actualmente establece o artigo 37 da Lei da Ciencia, así como outras accións que poderían fortalecer as políticas de acceso aberto e facilitar o acceso aos resultados da investigación, especialmente a investigación financiada con fondos públicos: cambiar o prazo de embargo de 12 meses; esixir o depósito inmediato por parte das axencias financiadoras; a realización de informes de seguimento e control; ou a recomendable xeneralización da identificación única e persistente para os investigadores.

Finalmente o documento complétase cunha serie de anexos que recollen modelos de cláusulas de aceptación, informes de seguimento, un indicador de medición de cumprimento,  a composición dunha futura (e desexable) comisión de seguimento e unha selección bibliográfica e documental para aqueles que precisen ampliar con detalle os temas abordados.

Aínda é demasiado curto o percorrido deste documento para poder avaliar o seu alcance. Espero, como parte integrante do comité de elaboración, que responda ao que nos propuxemos como obxectivo.  Pero non me resisto a expresar como desexo que, por riba da súa difusión, podamos recoller achegas, propostas de mellora dun documento que naceu con espíritu “sempre en beta”, e especialmente que o público obxectivo das Recomendaciones  non so atopen nelas información de utilidade, senón que as  tomen en serio e  vaian más alá do exercicio intelectual da súa lectura crítica.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: